COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Anguis fragilis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anguis fragilis. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de agosto de 2014

Escáncer común no Barbantiño.

Xa vos dariades conta de que nos derradeiros tempos as miñas citas e post xiran en torno a un mesmo punto, o río Barbantiño, que na actualidade é o meu fogar, por sorte xa que a súa riqueza faunística e natural é realmente única e pouco coñecida.

Un dos seus habitantes máis abondosos é o escancer común (Anguis fraguilis), tamén coñecido como esgonzo noutros puntos do país.

En Ourense é unha especie frecuente, e na zona do Barbantiño, realmente abondosa, sendo, xunto con algunha especie de lagartixa, o reptil máis frecuente.

Nas imaxes unha parrella atopada en terreos do concello de Punxín o pasado día 18 de abril de 2014.








miércoles, 30 de octubre de 2013

Escáncer común no Barbantiño.

Seguramente a algún de vós vereivos mañá no roteiro do Montealegre cos "Amigos da Terra", namentres iso non ocorre déixovos cun belo escáncer común (Anguis fraguilis) atopado recentemente a carón do meu querido río Barbantiño, unha das xoiais naturais da depresión Ourensá.

O escáncer común pasa por ser un dos réptiles máis frecuentes da nosa provincia, necesitando sempre unha certa humidade no hábitat para poder desenrolarse. Esa dependecia da humidade, máis salientable nas bisbarras máis cálidas, fai que o escáncer común apareza con frecuencia a carón de ríos, regatos e zonas húmidas, que tamén poden ser prados. 






miércoles, 7 de agosto de 2013

Escáncer común en Punxín.

Escáncer é o nome que en partes de Ourense se lle da a un certo tipo de réptil que parecendo serpes, non o son. Nese conxunto atopamos dous grupos ou familias, os escincidos como o escáncer tridáctilo (Chalcides estriatus) e o escáncer ibérico (Chalcides bedriagai), e o anguido, representado polo escáncer común (Anguis fragilis), coñecido tamén en algures co nome de esgonzo.





O escáncer común é un habitante frecuente da provincia, aínda que evita as zonas máis secas. Nas bisbarras máis mediterráneas aparece frecuentemente asociado ás cercanías de ríos, regatos e zonas húmidas, ou pastizais hiperhúmidos.

Nas imaxes un escáncer común (Anguis fragilis) fotografado nas proximidades do río Barbantiño, en Punxín, en datas recentes.

martes, 5 de abril de 2011

Anguis fragilis: a fraxilidade da escama.







"O consello que a presteza na execución fai seguro, faino frecuentemente temerario na tardanza"- Tito Livio (59 a. C.-17 d. C)- Historiador romano.

Perante vós o protagonista do meu artigo de mañá, o escáncer común (Anguis fragilis), en máis dunha ocasión temos falado da costume ourensá de nomear por igual aos integrantes dos xéneros Anguis, Chalcides e Blanus como escáncer, cáncer, liscáncer, ou escouparón.

Nesta ocasión móstrovos un xuvenil de escáncer común atopado na Capital Herpetolóxica da Galiza (Ourense) o pasado día 2 de abril de 2011.

Anguis fragilis, como o seu nome latino indica, é un hérpoeto fráxil, esta sona é debida á facilidade coa que se desprende da cola en caso de perigo. Cola que, como ben sabedes, rexenerará con posterioridade.

Sen embargo, este curioso dato nomenclatural do noso protagonista sírvenos para ilustrar un feito común a tódalas especies de hérpetos habitantes da Depresión Ourensá, como a extrema fraxilidade das súas poboacións.

Constantemente afogadas por un prograso de asfalto, ladrillo e cemento a golpe de talonario, os nosos hérpetos van perdendo terreo fronte ao desemrrolo dun tecido comercial que afoga non só aos animais, senón tamén aos pequenos comerciantes da cidade.

Macrocentros comerciais de excasa utilidade pública xerminan en terreos antes cheos de vida, medrando a custa do medio ambiente dunha cidade que agoniza a falla de primeiros auxilios, rodeada eso sí dun complexo entramado de estradas a modo de arterias, que non oxixenan, senón que afogan ao corazón mesmo do noso sentimento auriense.

Calquera intervención no medio ourensán debe ter en conta a tódolos integrantes da comunidade biolóxica da zona, mediante un correcto e completo inventariado dos espazos afectados, e ir acompañada así mesmo de medidas compensatoria para a recuperacións de hábitats degradados.

Fraxilidade a fin de contas, seguramente, ao contrário que a cola do noso escáncer, non rexenerará, cancro de dificil curación, en ausencia da menciña: o desenrolo sustentabel.

sábado, 8 de mayo de 2010

Escáncer común en Vilar de Santos.
















A primavera xa está aquí e as hormonas estánvos ben revolucionadas, a época de celo e cría dos nosos vertebrados xa deu comezo e é imparable.










Nestas imaxes podedes aprecia-la cópula do escancer común (Anguis fragilis) localizada en terreos do concello limiao de Vilar de Santos o pasado día 2 de maio de 2010.

lunes, 26 de octubre de 2009

Escáncer común en Vilar de Santos.





Este exemplar tan roxizo de escáncer común (Anguis fragilis) foi atopado no pobo limiao de Castelaos, pertencente ao concello de Vilar de Santos, o día 25 de outubro de 2009.

O escáncer común é un réptil amplamente distribuido pola xeografía ourensá, chegando a ser frecuente localmente.

lunes, 12 de octubre de 2009

"Se o alacrán picara e o cancer vira, non habería nesta terra quen vivira"


Este é un refrán recollido en Vilar de Santos o día 11 de outubro de 2009, dun home nado no pobo de O Mosqueiro, e ex alcalde do concello, Xosé Antón Jardón Dacal.

Escancer e liscancer é o nome que utilizan os habitantes dos concellos de Vilar de Santos e Rairiz de Veiga, para referirse aos réptiles dos xéneros Chalcides e Anguis, cancer é o diminutivo que usan os labregos para referirse aos mesmos bechos.

Nace así unha nova etiqueta deste blog, "sabidoría popular", na que se incluirán topónimos, nomes vernáculos e refráns que atinxan dunha maneira ou doutra aos vertebrados que habitan na provincia de Ourense, e que serán recollidos tamén dentro da mesma.

Agardo sexa do voso gusto e utilidade.

lunes, 28 de septiembre de 2009

Escancer novo morto en Ourense.




Este exemplar de escancer común (Anguis fragilis), foi atopado durante a visita de Martiño Cabana e Anxos ao barrio de O 21.

Este pequecho atopou a morte ao caer dentro dunha alcantarilla hormigonada con paredes verticais, da que non puido sair, e na que se deshidratou, un novo problema ao que a fauna ourensá se debe enfrentar.

sábado, 30 de mayo de 2009

escancer común nun parque urbán da cidade de Ourense


O presente exemplar de escancer común (Anguis fragilis) foi atopado morto despois de que o servizo de mantemento de parque e xardíns do concello de Ourense arranxara de cara ó verán o parque situado preto do río loña na rúa Pablo Iglesias da cidade de Ourense, o xemplar en cuestión debeu perecer entra as aspas dalgunha desbrozadora, xa que con anterioridade o parque estaba cheo de maleza.

jueves, 12 de marzo de 2009

Escancer común na Limia





Nas pasadas vacacións de entroido atopamos un precioso macho de escáncer común (Anguis fragilis) asoleándose cos primeiros raios de sol despois dun largo e duro inverno, o exemplar en cuestión aínda estaba algo durmido, desperezándose despois dun largo soño invernal. O exemplar foi atopado preto do pobo de O Mosqueiro, no concello limiao de Vilar de Santos o día 20 de febreiro de 2009.