COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Charadrius dubius. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charadrius dubius. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de junio de 2010

O arieiro unha especie nidificante en Sandiás.
















O pasado día 29 de maio de 2010 foi descuverta unha parella de arieiros (Charadrius dubius) nas areeiras da Limia en Sandiás, debido ás fortes precipitacións deste ano, o nivel de augas das charcas é moi alto, estando asolagadas as áreas máis idóneas para a nidificación desta especie, o que obligou a esta parella a utilizar os montóns de descartes de area de escasa calidade orixinados polas empresas que explotan a zona.

jueves, 17 de septiembre de 2009

Arieiro ou píldora pequena na Limia



este é un exemplar de píldora pequena (Charadrius dubius), coñecida na bisbarra da Limia como arieiro pola súa costume de nidificar en bancos de area fluvial, en tempos moi abundante na provincia, como nidificante estival na maioría das grandes depresión fluviais de Ourense, como nas bisbarras de Monterrei, Ourense, ou A Limia, a progresiva destrucción dos seus hábitats de nidificación, fixo do arieiro unha especie escasa.

Co paso dos anos o arieiro comportouse como unha especie oportunista, aprobeitando zonas de nidificación temporais en diversos puntos da provincia, coa recuperación das areeiras da Limia a especie ten un hábitat de nidificación axeitado, de feito a súa nidificación debe ser un feito na Limia.

Esta fotografía amosa un exemplar desta especie nunha das areeiras da limia en Sandiás o día 13 de setembro de 2009.