COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Motacilla flava. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Motacilla flava. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de septiembre de 2009

Lavandeiras amarelas na Limia.











Nestas fotos do día 5 de setembro de 2009 podedes ver diferentes exemplares de lavandeiras amarelas (Motacilla flava) nos concellos limiaos de Vilar de Santos e Sandiás.

Nelas hai un ex de primeiro inverno desta especie, máis grisáceo, aínda que xa con algunha pluma amarela, que se está alimentando nun prado entre as patas dun cabalo, e parece moi preocupada de non ser pisoteada polas pezuñas deste, xa vedes con que cara o mira.

No resto das fotografías aparecen exemplares adultos localizados nas areeiras da Limia, moi abundantes nestes intensos días de migración.

martes, 1 de septiembre de 2009

Lavandeira amarela en Vilar de Santos.




Fotografías dun exemplar adulto de lavandeira amarela (Motacilla flava) nunha das areeiras da Limia do concello de Vilar de Santos o día 29 de agosto de 2009.

lunes, 24 de agosto de 2009

Lavandeira amarela nas areeiras da Limia







Estas fotografías amosan diversos exemplares de lavandeira amarela (Motacilla flava) xa ca plumaxe invernal e diversos inmaturos, alimentándose nun montón de abono dunha granxa avícola das areeiras da Limia en Sandiás o día 23 de agosto de 2009, estes exemplares amosan as características propias da subespecie ibérica desta especie: iberiae