COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Podarcis hispanica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Podarcis hispanica. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de agosto de 2013

A lagartixa dos penedos, novo endemismo do Noroeste peninsular..

Durante moito tempo ao falar da lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), comantamos que estabamos a agardar que os científicos se puxeran de acordo co número de especies que en realidade forman esta superespecie. Algunhas delas xa parecen que están a dar a cara, e agora parece que temos un novo endemismo do NO peninsular. A lagartixa dos penedos desta zona será coñecida científicamente como Podarcis lusitanica, e terá cando menos duas subespecies aínda por nomear. Así de agora en adiante cambiaremolo nome científico da especie no blogue.

En canto teña maior información ireivos pasando datos. Agora contareivos que non pillei a cámara finalmente, así que me irei de vacacións coa compacta e a ver que pasa, á volta sopesarei os pros e os contras das cámaras que vin hoxe, pero creo, despois de falar cun colega, que retomarei as refles, desta volta unha Canon, a ver que pasa. Durante o que queda de semana estarei inactivo, verémonos de novo o luns cando volte desta escapada.

Namentras deixovos estas imaxes da "nova" especie que estivo sempre on nós, a lagartixa dos penedos, en Punxín.










Deica!

sábado, 16 de febrero de 2013

Lagartixa dos penedos en Entrimo.

Non fai moito que falamos de esta especie endémica neste mesmo blog, asi que xa non faremós máis fincapé no estatus sistemático de Podarcis hispanica en Ourense. 

Fauna Ourense naceu no seu día co firme propósito de tranformarse co paso do tempo nunha ferramenta de consulta para o coñecimento da fauna da provincia de Ourense. Así, a risco de ser pesado, agardo que co paso dos meses e os anos aparezan reflexadas todas as poboacións posibles da especie da provincia, coa intención de que se poidan facer comparanzas entre os exemplares de zonas diferentes, usando para tal fin a etiqueta correspondente.



Nesta ocasión achégovos ás Podarcis hispanica da Baixa Limia, cun exemplar fotograzado en Olelas, Entrimo, o pasado día 9 de febreiro de 2013.

viernes, 8 de febrero de 2013

Lagartixa dos penedos no Amoeiro.

A lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), réptil endémico da Península ibérica, pasa por ser un dos hérpetos máis frecuentes e mellor distribuidos da provincia de Ourense. A pesar do aparente frío reinante deste inverno, al lagartixas soen aprobeitar os raios de sol dos días despexados, aínda que a temperatura ambiente non sexa especialmente alta.

Así nestes primeiros días de febreiro, xa é posible ver algunha delas asoleándose polas paredes e penedos da bisbarra, un exemplo este exemplar atopado en Amoeiro o pasado día 2 de febreiro de 2013.


Nota: a situación sistemática da lagartixa dos penedos leva tempo sendo obxeto dunha profunda revisión, a tenor dos derradeiros datos obtidos, parece ser que de trata dun conxunto de especies, endémicas ou cuasi endémicas da Península Ibéricas, agunhas delas foron recentemente descritas, pero a situacións das lagartixas do NO ibérico aínda non foi definitivamente esclarecida.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Lagartiñas dos penedos nun entorno urbán.






















Levamos un tempo sinalando a riqueza herpetolóxica da Depresión Ourensá, ás características climáticas desta zona, temos que engadir as sociolóxicas, xa que a depresión Ourensá é a zona máis densamente poboada e alterada da provincia, ao contar ca capital no seu seo, o maior núcleo de poboación dela, que conta con máis de 100000 habitantes.

Como xa dixemos anteriormente a cidade de Ourense é a capital galega cun maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, ademáis dun orgullo, é tamén unha responsabilidade tanto para os habitantes da cidade como para as autoridades que os gobernan, xa que é un deber de todos eles a súa conservación de cara ao futuro.

Nos vindeiros anos viviremos os ourensáns toda unha serie de iniciativas que farán perigar a nosa fauna senlleira, como a entrada do AVE na cidade, a construcción de novos centros comerciais, circunvalacións e rondas boulevar, que porán entre a espada e a parede a numerosas especies, que contan por desgracia, con poboacións moi pequenas e sensíbles.

Quizáis o hérpeto máis abondoso da bisbarra sexa a lagartiña dos penedos (Podarcis hispanica), un endemismo ibérico amplamente distribuído pola Península.

Un estudo aínda non rematado nin publicado parece sinalar que a lagartiña dos penedos é en realidade un conxunto de especies endémicas de distribución dispar no país. E quizáis en breve teñamos que renomear a esta especie como unha nova especie endémica do Noroeste Ibérico, que a día de hoxe se nomemea provisionalmente como morfotipo 1.

As lagartiñas dos penedos habitantes da Depresión Ourensá acadan desidades moi apreciables, sendo localmente o réptil máis común da zona. Esta especie alcanza incluso as zonas máis urbanizadas do centro da cidade, habitando incluso nas coñecidas pontes que atravesan o río Miño ao seu paso por Ourense.

Nestas imaxes de mostra, obtidas na bisbarra recentemente, poderedes apreciar, asemade, a extraordinaria variedade cromática alcanzada pola especie na nosa Depresión, para eles, comeza agora o entroido, e engalanaranse os machos cas súas mellores galas, e cores, co fin de conquistar ás femias neste primeiro período reproductor do ano.

jueves, 10 de marzo de 2011

Entroido herpetolóxico: 2ª parada Ourense, capital herpetolóxica da Galiza.


















"É moito máis sinxelo quedar ben como amante que como marido; por que é moito máis fácil ser oportuno e inxenioso de vez en cando que tódolos días"- Honoré de Balzac (1799-1850)- Novelista francés.

A Depresión Ourensá é sin dúbida algunha un dos puntos quentes da herpetofauna galaica, superado tan só polo Val do Támega, situado tamén na provincia de Ourense. Aproveitando este feito dispuxémonos eu e máis a miña parella, David, a facer un roteiro herpetolóxico na tarde do pasado martes de Entroido, día 8 de marzo de 2011. Para tal fin escollemos unha zona do Norte do concello de Ourense, especialmente rica en herpetofauna.

A pesar de que o calor acaba de comenzar, e até fai pouco estabamos inmersos en intensas xeadas, os bichos deron a talla e puidemos albiscar multitude de rairos, nome ourensán para designar ao sapo corriqueiro (Bufo calamita), lagartiñas dos penedos (Podarcis hispanica), sapiños comadróns (Alytes obstetricans), lagartiñas rabudas (Psammodromus algirus), e un escáncer tridáctilo (Chalcides striatus) tímido, que non se deixou fotografar.

Dende logo é para mín unha novidade topar alguén ca paciencia suficiente de aturarme tamén no campo, algo que valoro especialmente!