COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Podiceps cristatus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Podiceps cristatus. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de julio de 2010

Censo da poboación nidificante de mergullón cristado nas Areeiras da Limia.








O pasado día 17 de xullo de 2010 foi censada a poboación nidificante de mergullón cristado (Podiceps cristatus) asentada nas Areeiras da Limia (Sandiás), con tal fin foron visitadas todalas barreiras con posibilidades de acoller parellas desta especie, obténdose como resultado a confirmación de 23 parellas, todo un record para este espazo natural incluído dentro da ZEPA A Limia.

Algunhas das parellas observadas aínda se atopaban chocando ovos, autras transportaban ás costas polos de curta idade (costume habitual nos mergullóns), namentras que outras cebaban polos xa medrados. Tamén foron observados certos conflictos territoriais entre as parellas asentadas nas lagoas que acadan maiores densidades, esta defensa do territorio é acusada nas parellas que están aínda en período de incuvación, defendendo un perímetro de seguridade ao arredor do niño.

viernes, 26 de marzo de 2010

Os merguilletes cristados quentan motores para a crianza.




Xa están de volta os merguilletes cristados (Podiceps cristatus) coñecidos como galancia nalgunhas partes da Limia.

As areeiras da Limia acollen unha das poboacións reproductoras máis importantes de Galiza desta especie, sen embargo durante o inverno a maior parte da poboación abandona as areeiras para voltar na época reproductora que é a que agora nos ocupa.

Estes exemplares, 10 en total, foron localizados en varias das areeiras da Limia en Sandiás o día 20 de marzo de 2010.

martes, 2 de febrero de 2010

Mergullón cristado no encoro de Castrelo de Miño.




O encoro de Castrelo de Miño acolle dende os anos 80 un certo número de mergullóns cristados (Podiceps cristatus) invernantes, ao igual que outros encoros da provincia, o pasado día 24 de xaneiro de 2010, foron localizados 5 exemplares neste encoro do río Miño, ao seu paso pola bisbarra do Ribeiro.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Os polos de mergullón cristado na Limia.



Este é o aspecto que, a día 13 de setembro de 2009, teñen os polos de mergullón cristado (Podiceps cristatus), que este ano nacerón nas areeiras da Limia en Sandiás, como pededes apreciar, o súa plumaxe é inconfundible.

martes, 11 de agosto de 2009

Mergullón cristado na Limia





O mergullón cristado (Podiceps cristatus) instalouse como nidificante na provincia a finais dos anos 80 do pasado século, con posterioridade comezou a criar na Limia, onde hoxe en día é unha especie frecuente.

Estas fotografias, optidas o día 9 de agosto de 2009 nas areeiras da Limia en Sandiás, nelas podedes ver a diferencia de plumaxe dos polos, cun raiado que recorda os xabatos, e os adultos, de cabeza adornada de vermello.