COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Meropidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Meropidos. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de junio de 2015

Abellaruco en A Veiga.

O abellaruco (Merops apiaster) é un ave que como o seu propio nome indica se alimenta de abellas, aínda que tamén doutro tipo de insectos, que captura con gran mestreza no aire, de forma que en ocasións o seu voo pode resultar moi rechamante polas piruetas que pode chegar a realizar.

Na Galiza, o abellaruco avita exclusivamente o leste da comunidade, especialmente a metade oriental da provincia de Ourense, onde se atopan a meirande parte dos seus efectivos. Ave estival, migra a África unha vez rematado o período reproductor. 

Para a nidificación o abellaruco, que cría en colonias máis ou menos numerosas, constrúe ocos en taludes areosos ou arxilosos, de un modo bastante similar ás anduriñas das barreiras (Riparia riparia). 

Parece ser que no pasado o abellaruco acadou un rango de distribución maior que o actual, a´ñinda que a tendencia dos últimos anos parece indicar unha recolonización dos territorios perdidos.

Na imaxe, optida o pasado día 23 de xuño de 2015, apreciamos un exemplar pousado nun cable eléctrico, pousadoiro bastante habitual na especie, nas proximidades do pobo de Xares, no concello de A Veiga.





martes, 6 de julio de 2010

Abellaruco en Vilariño de Conso.













O abellaruco é un paxaro insectívoro que, como o seu propio nome indica, aliméntase maioritariamente de abellas e avespas, na provincia de Ourense, esta especie de presencia estival, atópase nas bisbarras do leste, en Valdeorras, Terras do Bolo e Monterrei, onde forma colonias en taludes de terra, contruindo os seus niños en forma de buraco de certa profundidade, dun modo similar a como os fan as anduriñas das barreiras (Riparia riparia).

Este belo exemplar foi localizado no concello de Vilariño de Conso o pasado día 3 de xullo de 2010, e formaba parte dun grupo maior, duns 5 exemplares, observados na compaña de Martiño Cabana, Anxos Romeo e Rafa Vázquez.