COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Psammodromus hispanicus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Psammodromus hispanicus. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de junio de 2011

Lagartixa cinsenta no Pereiro de Aguiar.




Este exemplar de lagartixa cinsenta (Psammodromus hispanicus) foi atopado, non sin esforzo, durante o transcurso das Xornadas Formativas do programa SARE o pasado día 28 de maio de 2011, en terreos pertencentes ao concello do Pereiro de Aguiar.

A lagartixa cinsenta é un lacerto termófilo (gústalle a calor) cuia distribución galega se restrinxe exclusivamente á provincia de Ourense. Dentro desta, a especie está presente na Depresión Ourensá, en puntos das Terras de Celanova, no Val do Támega e en Valdeorras. Sendo o Val do Támega (bisbarra de Monterrei) a zona que parece posúir poboacións máis numerosas e mellor distribuídas.

A súa alta capacidade de dispersión parece estarse vendo faborecida en certos puntos pola deforestación provocada polos incendios forestais e o mentemento de certas infraestruccuras eléctricas, como as liñas de alta tensión, que levan consigo contínuos desbroces da vexetación que parece estar servindo de vía de expansión para que a especie acade novos territorios. datos aos que temos que unir o aquecimento xeneralizado do planeta debido ao tristemente famoso "Cambio climático".

martes, 4 de agosto de 2009

Lagartixa cinsenta en Pereiro de Aguiar





Xa temos unha nova localización para esta especie na provincia, a lagartixa cinsenta (Psammodromus hispanicus) é unha especie moi pouco frecuente en Galicia, con contadas citas en San Cibrao das Viñas, Ourense e Verín, o día 3 de Agosto foi localizada unha poboación en Monterrei de Pereiro de Aguiar, e no monte de O Cuco xa en terreos do concello de Ourense, as fotografias pertencen a Monterrei e nelas podedes ver parte do seu comportamento.