COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Malpolon monspessulanus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Malpolon monspessulanus. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de septiembre de 2011

Cobra rateira: a beleza dun pequeno cobregón.






"O vestido de tódalas esperanzas é a beleza"- Gabriele D´Annunzio (1863-1938) Poeta e novelista Italiano.

Non fai moito que falabamos da cobra rateira ou cobregón (Malpolon monspessulanus), o maior dos réptiles ourensáns. E non fai moito tamén, que puñamos de manifesto como en ocasións podemos atopar no campo exemplares de extraordinaria beleza, pertencentes a especies non demasiado raras, no que a abundancia se refire.

Onte mesmo, de bicheo con Tania, (xa a coñecedes por este mesmo blog), entre outras moitas cousas, puidemos observar este exemplar de cobra rateira xuvenil en terreos do concello de Ourense.

Pronto irei subindo as fotos dese extraordinario día, pero namentras, aquí tenden un aperitivo en forma de extrema beleza ofidia.

martes, 23 de agosto de 2011

O pequeno cobregón no Barbantiño.



Quizáis nado neste mesmo ano, este pequeno cobregón (Malpolon monsoessulanus) está destinado a ser un dos maiores réptiles da nosa provincia. Namentras os escasos 15 cm que posúe actualmente non acadan superar o metro e medio de lonxitude ou máis que pode chegar a medir, terá que sortear numerosos perigos.


Entre os perigos principais estará non morrer atropelado, xa que o cobregón é unha das epsecies de réptiles que máis padece este problema na nosa provincia. Asemade terá que sortear o odio e ánima adversión que provoca en certas persoas, que tratan, por tódolos medios de eliminala. E por se isto fora pouco, dos depredadores, e os lumes...unha vida intensa chea de perigos.



O cobregón, tamén chamado cobra rateira pola súa alimentación, de adulto, basa gran parte do seu sustento en roedores (curioso...se algún o soupera o pensaría dúas veces antes de matala).

Esta pequena cobra rateira, vive aínda nas cercanías do río Barbantiño, nos límites dos concellos de Punxín e Ourense, unha vida que de momento terá por fin a captura de pequenos insectos e algunha lagartixa para tratar de chegar a ser o maior de todos, e escalar posicións na complicada pirámide trófica.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Cobregón atropelado en Pereiro de Aguiar.




O pasado día 4 de setembro de 2010, Rafa Vázquez, Vero, Noa e este que vos escribe, atopamos este exemplar xuvenil de cobregón (Malpolon monspessulanus), atropelado nunha estrada perto do encoro de Cachamuiña, en terreos do concello ourensán de Pereiro de Aguiar.

Unha vez máis temos que falar do triste e tráxico final do maior dos nosos réptiles, desta volta antes incluso de poder reproducirse nen unha soa vez.

Como anécdota direivos que do ventre do animal atropelado saía un exemplar adulto dde lagartiña dos penedos (Podarcis hispanica), o que nos da unha idea do posible réxime alimenticio dos exemplares novos pertencentes a esta especie, feito que podedes apreciar nas imaxes que acompañan este post.

viernes, 30 de julio de 2010

Cobregón asasinado en Riós.





Ocorre moitas veces que a xente sinte un medo irracional polos réptiles, ese medo fai que algunhas especies sexan sistemáticamente obxeto de todo tipo de agresións, os ofidios, ou o que é o mesmo, as cobras, son quizáis as especies que máis sofren esta persecución.

Nas imaxes podedes apreciar un exemplar de cobregón (Malpolon monspessulanus), tamén coñecido como cobra rateira, debido ao tamaño que pode acadar é unha das especies que máis "terror" produce entre os habitantes de certas zonas.

O exemplar en cuestión foi atopado morto con claros signos de violencia, nunha estrada do concello de Riós, a esta serpe lle quitaron a vida dunha pedrada, algo que puidemos comprovar Rafa Vázquez, Vero e Xosé Ramón Reigada, ao examinar o esceario do crime o pasado día 25 de xullo de 2010.

É unha verdadeira pena que un dos nosos réptiles máis espectaculares remate así os seus días.

martes, 6 de julio de 2010

Cobregón atropelado na Rúa.







O pasado día 3 de xullo de 2010, Anxos Romeu, Rafa Vazquez e Martiño Cabana e este que vos escribe, atopamos este exemplar de cobregón (Malpolon monspesulanus) atropelado nunha estrada do concello valdeorrés de A Rúa.

O cobregón, ou cobra rateira, é o maior réptil da provincia, podendo acadar os dous metros de lonxitude, pero este insigne título non salva a esta especie de morrer masivamente nas estradas ourensás a causa dos atropelos por parte do tráfico rodado.

sábado, 12 de junio de 2010

Cobregóns namorados en Ourense.

































O pasado día 9 de xuño de 2010 recivín a visita do colega Rafa Vázquez, e miraide o que atopamos...ao maior dos nosos ofidios nunha situación máis que comprometida, como paparazis da natureza que somos non puidemos facer outra cousa que inmortalizar o momento de amor entre estes réptiles.
A escasos metros da capital da provincia esta parella de cobregóns (Malpolon monspesulanus) facían das suas, un espectáculo sempre digno de ver.

Nas imaxes podedes apreciar dous exemplares, un, máis moteado é a femia, o outro de tons máis uniformes e cunha zona escura antes do pescozo é o macho.

lunes, 19 de octubre de 2009

Cobregón no Carballiño






Este xuvenil de cobregón (Malpolon monspessulanus) foi atopado na vila de O Carballiño o día 18 de outubro de 2009, nestas fotografías podedes apreciar a típica posición defensiva da especie, que consiste en enroscar o corpo sobre a cabeza para protexerse perante un posible ataque.

miércoles, 7 de octubre de 2009

Cobregón na bisbarra de Monterrei.
















O cobregón (Malpolon monspessulanus) é o maior dos réptiles que podemos atopar na provincia de Ourense, podendo alcanzar, as femias adultas, ata os 2 metros de lonxitude, aínda que habitualmente son máis pequenas. Trátase dun formidable depredador que se atopa na cúspide da pirámide trófica daqueles que se moven a rás de chan.

Na provincia de Ourense é unha especie de serpe relativamente frecuente , atopándose espallada por todas as bisbarras que a compoñen, aínda que evita os biotopos máis frios e húmidos, coma o cumio das serras.

Nestas fotografías podedes apreciar varios exemplares xuveniles nados este ano en diferentes puntos da bisbarra de Monterrei, tamén a muda de exemplares adultos, todos eles localizados o día 4 de outubro de 2009, na compaña de Martiño, Anxos, Rafa e Xosé Ramón.