COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Vanellus vanellus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vanellus vanellus. Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de septiembre de 2011

As derradeiras avefrías da Limia, conícoras choromicas en perigo.






Onte mesmo festexabamos a volta dos galos de crista branca (Fulica atra) á Limia, pero a Limia, terra maltreita e castigada onde as haxa, ofrece sempre, na honra ao seu chan, unha de cal e outra de area, para todo aquel que sexa capaz de apreciar a natureza no seu conxunto, como un corpo, enfermo ou san, composto de órganos vitais e imprescindibles para o seu correcto funcionamento.

Así, se hay especies que nos derradeiros anos aumentaron as súas poboacións, caso das cegoñas, ou regresan despois de anos de ausencia, como os galos de crista branca. Hai outras que se nos escapan, paseniño e silenciosamente, como a area das barreiras da Limia se escapa entre os dedos de quen a colle, e como a auga centenaria da Lagoa de Antela se escapou pola canle cara ao mar.

Unha destas especies é a avefría (Vanellus vanellus), especie invernante, tanto máis abondosa como frío veña o ano. A avefría é, asemade unha especie nidificante na Limia, contou sempre cunha poboación, tan importante, que chegou a ser a maior da Península Ibérica. A desecación de Antela supuxo un duro golpe que non chegou sen ambargo a acabar coa significante poboación nidificante da especie, que, anque mermada, continuou a ser a máis importante do país. Foron non embargante as concentracións parcelarias as que derón un golpe mortal á esta singular poboación. Xa que supuxeron a desecación das Veigas que a especie usaba para nidificar, os cambios no uso do solo, a merma do gado, coa conseguinte diminución de pasteiros, supuxeron tamén un problema engadio, ao que hay que sumar, por si fora pouco, a caza.

Na Limia, como recolleron González, Villarino e Bárcena na obra Vertebrados da Limia, e como aínda recordan os veciños do meu pobo, Castelaus (Vilar de Santos), as avefrías eran coñecidas como cunícoras, conícoras ou choromicas, en clara alusión ao reclamo da especie, que recorda a un lonxano lamento.

Un lonxano lamento, que fora das datas invernais se torna cada día máis dificil de escoitar, a exígua poboación da conícora esta a desaparecer, e os seus choros, xa non os escoita ninguén, porque unha cousa é ouvir, e outra escoitar o son dos lamentos dunha especie que está a desaparecer. Escoitar o lamento da choromica, o laio da conícora supón por os medios necesarios para que a especie non remate por deixar de críar, nesta a nosa terra limiá.

Cando as conícoras nidificantes da Limia rematan o período de cría, reúnense, quizáis para lamentar xuntas os tempos pasados, para , cual plañideiras, chorar a memora das que cada ano deixan de acudir á reunións posreproductora. Quizáis, algún día as conícoras choren de alegría, ao alcanzar de novo os vellos tempos, e ser máis de 10 parellas, as que hoxe hai. E ser máis que un pequeno punto máis na poboación invernante, aínda abondosa.

martes, 5 de enero de 2010

Avefrías na Limia.








A bisbarra da Limia é unha importante zona de invernada para as avefrías (Vanellus vanellus), de feito supón o principal cuartel de invernada para a especie na provincia.

Durante a pasada ponte de fin de ano foron detectados divarsos bandos e grupos da especie en distintos concellos limiaos, o maior detectado superaba os 500 indivíduos e foi observado o día 3 de xaneiro de 2010 nas Veigas de Ponteliñares, en Rairiz de Veiga.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Conícoras nas areeiras da Limia.








Conícora é o nome co que algunhas xentes da Limia coñecen ás avefrías (Vanellus vanellus).

O pasado día 7 de decembro de 2009 foi localizado un grupo desta especie, composto por 56 exemplares, nunha das areeiras da Limia en Sandiás, trátase do primeiro gran grupo visto neste inverno na zona, aínda que este ano, debido ás condicións climatolóxicas, non se agarda unha irrupción maxiva de exemplares como sí ocorre noutros invernos máis fríos.

lunes, 24 de agosto de 2009

Conícoras nas areeiras da Limia.






O día 22 de agosto de 2009 un grupo de 23 exemplares de conícoras, nome local co que se coñece ás avefrías (Vanellus vanellus), estaba repousando nunha das areeiras da Limia, o grupo en cueston estaba composto por adultos e polos do ano e seguramente foeme parte da poboación reproductora desta especie asentada na comarca da Limia.

A avefría é unha especie frecuente como invernante na provincia, sen embargo na época reproductora a única poboación existente en Ourense é a limiá, que tamén é a maior de Galicia.