COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Sorex granarius. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sorex granarius. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de agosto de 2011

Furafollas ibérico: un pequeno tesouro ourensán.










































O furafollas ibérico (Sorex granarious) é un endemismo ibérico propio da metade occidental da Península, amplamente distribuido pola nosa provincia, existe unha especie moi similar asentada no cadrante montañoso oriental (Sorex coronatus), ambas especies son de dificil distinción senón acudimos a análises xenéticos.





Neste caso atopámonos perante a un exemplar que quedou atrapado accidentalmente nunha piscina seca perto do límite entre os concellos de Punxín e Ourense, unha zona que está amosando ser unha das máis interesantes para achegarnos á biodiversidade da Depresión Ourensá.





Os furafollas son pequenos mamíferos insectívoros de aspecto semellante aos ratos pero que pouco teñen que ver con eles excepto a súa similitude corporal. Cando vemos un furafollas estamos vendo un mamífero primitivo, moi similar aos primeiros mamíferos existentes, que agardaban a oportunidade de conquistalo mundo entre as patas dos dinosauros.





Este exemplar foi rescatado e posteriormente liberado, quizáis cando chegue á casa teña unha grata historia que contar...

martes, 11 de agosto de 2009

Furafollas ibérico en Rairíz de Veiga




Fotografias dun exemplar de furafollas ibérico (Sorex granarius), insectívoro endémico da Península Ibérica, atopado morto nun camiño pero da Saínza (Rairiz de Veiga).