COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Lacerta schereiberi. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lacerta schereiberi. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de septiembre de 2013

Lagarto d´auga nas Veigas da Limia.

Como xa vos dixen onte, o pasado día 31 de setembro de 2013, despois da xornada de anelamento fumos a dar unha volta polas veigas da Limia, espazo natural incluido dentro da ZEPA da Limia, neste caso no treito pertencente ao concello de Rairiz de Veiga.

Teño que confesarvos que As Vegas da Limia, ou de Ponteliñares, téñenme dado moitas alegrías sobre todo nun campo, no da herpetoloxía, por que co paso dos anos dinme conta do absoluto potancial desta zona, na que teño inventariadas a práctica totalidade dos hérpetos que aparecen na comarca, en densidades que non se dan en ningún outro punto da Limia.

Onte falabamos dos problemas que supuxeron a seca de Antela e as transformacións da paisaxe agraria  como consecuancia das nefastas concentracións parcelarias, sobre todo para as poboacións de hérpetos.

Unha das especies máis afectadas foi o lagarto d´auga ou das silvas (Lacerta schreiberi), un lacértido endémico da Península Ibérica. O lagarto d´auga é un réptil que depende especialmente dos regatos e os valados que tradicianalmente separaban as propiedades agrícolas da Limia, feito especialmente observable no sur da distribución da especie. Aínda que na Limia, debido á súa climatoloxía non é especialmente destacable a presenza da especie en relación aos cursos fluviais, sí é frecuente atolalo neles. Sí era moi frecuente atopalo nos valados fortemente vexetados da comarca, valados que foron completamente eliminados coas diferentes concentracións parcelarias, que supuxeron unha merma importantísima no hábitat dispoñible para a especie na bisbarra.

Nas imaxes un xuvenil de largarto dáuga atopada á veira do río Bidueiro o pasado día 13 de setembro de 2013, en terreos do concello de Rairiz de Veiga, na compaña dunhos cuantos colegas.


sábado, 30 de abril de 2011

Lagarto d´auga nas areeiras da Limia.




Son de sobra coñecidas as virtudes ornitolóxicas do espazo natural das Areeiras da Limia, por todos aqueles de vós que sodes asíduos lectores deste blogue. Sen embargo non son sómentes as aves, a pesar de que elas foron as causantes la feliz declaración da ZEPA da Limia, os únicos habitantes do lugar. Hot spot da biodiversidade galaica, a Limia tamén é un lugar herpetolóxicamente interesante, como amosan os inventarios de anfibios e réptiles da zona.

Moitas das intervencións postas en marcha nas areeiras da Limia non teñen en conta, en ocasións, a riqueza herpetolóxica do lugar, dando como resultado a destrucción dos xa de por sí malogrados hábitats dos réptiles limiaos.

As sucesivas e reiteradas concentracións parcelarias acaecidas na bisbarra nos derradeiros temos, trouxeron consigo a eliminacións sistemática de paredes, muros e sebes, que tradicionalmente separaban as diferentes propiedades, sendo este un signo característico do agro galego. A eliminacións desta paisaxe tradicional provocou a diminución na densidade de réptiles e aves na bisbarra, que atopaban refuxio nesa sorte de microhábitat.

Unha das especies que máis afectada se viu na bisarra por estes feitos foi o lagarto d´auga (Lacerta schreiberi), un réptil endémico da Península Ibérica, que pasa por ser, ao meu entender, un dos hérpetos de beleza máis salientabel.

Chamado lagarto d´auga ou das silvas, debe o seu nomeamento á tendencia que mostra a especie a habitar perto de correntes de auga, chegando a tirarse aos regatos no caso de perigo, unha característica única entre os lacértidos galegos.

Nas imaxes aparece un macho en celo desta especie, localizado nas areeiras da Limia, en terreos do concello de Sandiás, o pasado día 21 de abril de 2011.

miércoles, 7 de julio de 2010

Lagarto das silvas subadulto en Vilariño de Conso




Noutras ocasións, a través dos post deste blog, tendes visto ao lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) na súa librea adulta, como podedes apreciar nestas imaxes, o deseño dos exemplares subadultos é sensíblemente diferente a que conquiren cando se fan maiores.

O exemplar en cuestión, apenas un adolescente, foi atopado en terreos do concello de Vilariño de Conso o pasado 3 de xullo de 2010, na compaña dos incansables Anxos Romeo, Martiño Cabana e Rafa Vazquez, ao que moitos de vos coñecedes como "Nocko".

martes, 6 de abril de 2010

Lagarto das silvas na Baixa Limia







O pasado día 1 de abril de 2010, na compaña de Rafa Vázquez, Martiño Cabana e Anxos Romeu localizamos este macho de lagarto das silvas (Lacerta schereiberi).

O exemplar en cuestión foi atopado en terreos portugueses a carón do encoro de Salas, aínda que a escasos metros da fronteira co concello de Calvos de Randín.

O lagarto das silvas, coñecido en castelán como lagarto verdinegro, é un réptil endémico da Península Ibérica, e pode tratarse dunha especie ameazada polo cambio climático debido á sua dependencia de medios atlánticos húmidos, sobre todo naqueles lugares onde a especie presenta unha distridución fragmentada ou incluso relicta.

Verborreas aparte, é sin dúbida, unha das nosas especies de réptiles máis belas, que merece a pena ver, e que é necesario seguir vendo.