COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Lissotriton helveticus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lissotriton helveticus. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de diciembre de 2010

O gardafontes palmado en Ourense.








"A experiencia é un boleto de lotería mercado despois do sorteo"- Gabriela Mistral (1889-1957)- Poetisa chilena.

Ata non fai moito tempo críase que o tritón palmado (Lissotriton helveticus) era unha especie extremadamente escasa na provincia de Ourense, nas primeiras referencias herpetolóxicas publicadas en Galicia, apenas se lle outorgaban contados puntos no extremo NO de Ourense.

Hoxe en día sabemos, que a pesar de preentar unha distribución localizada e restrinxida aos puntos de maior influencia continental e atlántica, esta especie pode chegar a ser incluso localmente abondosa, como é o caso de certas bisbarras como A Limia, e que a especie está presente en moitos lugares da provincia, sen acadar unha distribución tan xeneralizada como o resto de gardafontes presentes na provincia.

Nas imaxes varios exemplares atopados en diferentes puntos e bisbarras da provincia de Ourense o pasado día 6 de decembro de 2010, na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeo.

Reparade no filamento caudal que remata o rabo do macho desta especie, e que é característico da fase acuática.

jueves, 10 de junio de 2010

Gardafontes palmado en Rairiz de Veiga.







O pasado día 23 de maio de 2010 atopams nunha charca do concello de Rairiz de Veiga, con Anxos Romeu e Martiño Cabana, este macho de gardafontes palmado (Lissotriton helveticus), a terceira das especies de gardafontes da provincia e a de distribución máis limitada.

martes, 4 de agosto de 2009

Limpafontes palmado en Ourense


As fotografías amosan un punto de reproducción de limpafontes palmado (Lissotriton helveticus) a especie está pouco extendida na nosa provincia existindo contadas citas en A Limia, A Baixa Limia e Celanova, quizáis máis por unha falta de prospección, no concello de Ourense está presente tamén en Vilar de Astrés e Cudeiro, nesta zona aparece asociado a minas de agua abandonadas, sendo escaso en augas superficiais.