COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Capreolus capreolus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Capreolus capreolus. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de octubre de 2013

Corzos a carón do Barbantiño.

Lonxe parecen xa os tempos nos que para ver un corzo había que armarse de paciencia e alonxarse das poboacións. Na actualidade o corzo (Capreolus capreolus) atópase distribuido pola práctica superficie da nosa provincia sendo un dos mamíferos herbívoros máis amplamente distribuidos e tamén máis abondoso.

Dito aumento da área de distribución e das poboacións ovedece ao parecer a ausencia de grandes depredadores en parte da súa área de presenza, ademáis do abandono do agro en gran parte do país, que supuxo a transformación de zonas agrícolas en hábitat idóneo para a especie.

Nas imaxes un par de corzos fotografados nas proximidades da cunca do río Barbantiño a cabalo entre os concellos de Ourense e Punxín, o pasado mes de setembro de 2013.





domingo, 10 de febrero de 2013

Corzo atropelado na Teixeira.

"Non basta con pensar na morte, senon que se debe ter sempre diante. Entón a vida faise máis solemne, máis importante, máis fecunda e alegre"- Stefan Zweig (1881-1942)- Escritor austriaco.

En ocasións a vida ofrécenos imaxes tráxicas, tristes, e cun significado oculto do que debemos aprender. Recentemente, falando do achádego dunha mandibula de xabarín en Punxín, puxemos de manifesto o aumento que algunhas poboacións de certas especies de mamíferos teñen experimentado na nosa provincia. Así, outra das especies destacadas é o corzo (Capreolus capreolus). Desta volta móstrovos un exemplar de corzo atopado atropelado nunha estrada do concello de A Teixeira.



O corzo ten unha longa historia na nosa provincia. Se nos remontamos moito no tempo, dous ou tres séculos como moito, veremos unha provincia habitada polos corzos en gran parte dos concellos da provincia. Como a maior parte dos herbívoros de Ourense, o corzo sufriu unha pronunciada regresión que de cara aos anos 50 do pasado século o mantiña relegado aos principais sistemas montañosos (Macizo Central, Serras Orientais...). Con posterioridade, a escaseza de depredadores e un progresivo abandono do agro que supuxo un aumento no hábitat para a especie, produciu un espectacular aumento da área de distribución da especie, que na actualidade está presente na maior parte da súa superficie.

Pero este aumento trouxo consigo tamén algún problema, non coa natureza, senón co home. A construción indiscriminada de infraestructuras viarias sen pasos efectivos para a fauna, provocou un aumento da incidencia dos accidentes de tráfico con especies de animais salvaxes. E debemos subliñar o tema dos pasos de fauna, xa que nunha Galicia cada día máis intercomunicada con vías de alta capacidade, poucos, ou máis ben casi ninguén pensou en detectar os principais pasos de fauna e obrar en consecuencia, propondo solucións, falo sempre referíndome á administración.

Como nesta terra moitas cousas se fan tarde, mal e nunca, na actualidade urxe a catalogación dos puntos negros na rede viaria provincial nos que máis atropelos se producen, para dotalos dos pertinentes pasos de fauna, ben sexan soterráneos ou mediante pontes vexetadas.

Por que un Ourense mellor é posible, e poque é a nosa responsabilidade tratar de conxugar da mellor maneira posible o noso benestar o benester dos nosos veciños salvaxes.

miércoles, 7 de julio de 2010

Corzo no encoro de Cenza.




O pasado día 3 de xullo de 2010, Anxos Romeo, Martiño Cabana e Rafa Vázquez, puidemos disfrutar á beira do encoro de Cenza, en terreos do concello de Vilariño de Conso, da sempre reconfortante visión dos corzos que por alí pululan, sen que estes se espentansen demasiado.

O corzo (Capreolus capreolus), pasa por ser o cérvido máis abondoso da provincia, estando na actualidade extendido por case toda a súa superficie, este feito foi debido a ausencia de depredadores e ao progresivo abandono das terras de cultivo, que convertiron en monte zonas nas que hai 30 anos aínda se sementaban patacas.

martes, 11 de agosto de 2009

Corzo na Limia




Este exemplar de corzo (Capreolus capreolus) foi atopado perto do pobo de Castelaos (Vilar de Santos) a plena luz do día o 8 de agosto de 2009.

O corzo é o cérvido máis abondoso da provincia, na actualidade encóntrase extendido por case toda a súa superficie.