COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Erinaceus europaeus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Erinaceus europaeus. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de agosto de 2014

Un ourizo pra voltar.

Coma ben dicía o colega Cesar, este blog tornouse nos derradeiros tempos nunha especie de fonte intermitente tal si dos "Ollos do Guadiana" se tratase, non vou a entrar nos dettalles que este derradeiro ano supuxeron para este que vos escribe, so dicir que foi un ano dificil, e sígueo sendo, e polo que parece a de continuar así unha tempada cando menos. Como laiando non se consegue nada imos a recuperar parte do tempo perdido cunha entrada para comenzar a abrir boca.

Algunha das fotografías que publicarei nos próximos días teñen xa unhos meses, outras apenas semanas, pero nestes días do mes de agosto procurarei darlle caña e traballar un pouco neste proxecto, que tiña aparcado, pero nin moito menos esquecido.

Nas imaxes un ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) un dos mamíferos insectívoros de maior tamaño de Galicia, abondoso en Ourense, nos derradeiros tempos ten visto diminuilas súas poboacións debido aos atropelos nas estradas e ao uso indiscriminados de pesticidas no agro.

Este exemplar foi atopado a carón dunhas hortas en Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense, o pasado 11 de maio de 2014.








viernes, 9 de julio de 2010

Ourizo cacheiro en Ourense







Onte á noite, día 8 de xullo de 2010, recivín a inesperada visita dos colegas Martiño Cabana e Rafa Vazquez, xunto a eles fixen un pequeno transecto nocturno polas rúas do Norte da cidade de Ourense, molladas despois da forte trevoada da tarde anterior, para sorpresa dos presentes, e nun pequeno solar no medio do casco urbán apareceu este ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus), moi tímido por certo, e que non pereciar querer sair na foto.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Ourizo cacheiro atropelado en Porqueira.


Un novo exemplo do atropelo sistemético de vertebrados nas estradas da Limia é esta imaxe dun ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) obtida o pasado día 8 de decembro de 2009, na Veiga do Toxal, no concello de Porqueira.

O ourizo cacheiro é unha das especies que con maior frecuencia morre víctima dos atropelos nas estradas da provincia.

viernes, 14 de agosto de 2009

Ourizo cacheiro morto por atropelo en Ourense.


Un dos problemas ecolóxicos máis frecuentes na provincia de Ourense é o atropelo de animais por parte do tráfico rodado, esta foto mostra o pouco que queda dun ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) que morreu atropelado a carón dun parque do barrio ourensán de Vistafermosa o día 12 de agosto de 2009.