COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Oenanthe oenanthe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oenanthe oenanthe. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de agosto de 2014

Pedreiro cincento no encoro de Cachamuiña.

Como dixemos anteriormente, nestes días está escomezando o paso postnupcial para certas especies de aves. Este feito permitiranos ver aves doutras latitudes e añtitudes, en lugares de repouso. Unha destas aves é o pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe).

Aínda que a nosa provincia posúe unha pequena poboación nidificante desta especie, asentada xeralmente en alturas superiores aos 800 metros, é durante os pasos cando se observa a especie con maior frecuencia e facilidade, aínda así, na Depresión Ourensá, a especie é escasa incluso durante as pasaxes, sendo o encoro de Cachamuiña no Pereiro de Aguiar, un dos escasos lugares onde a especie se deixa ver, dentro da comarca da capital da provincia.

Nas imaxes, dous exemplares atopados en dito lugar o pasado 23 de agosto de 2014, e que estaban dando boa conta dos xuveniles de lagartixa (Podarcis sp) que estes días acaban de nacer, un curioso comportamento, xa que eu coidaba que eran exclusivamente insectívoros, vese que son máis oportunistas do que eu pensaba.





















viernes, 29 de abril de 2011

Pedreiro cincento na Limia.









O máis ben "pedreira" podiríamos dicir, xa que o exemplar de pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) que vos amoso nestas imaxes é, posiblemente, unha femia da especie. Este exemplar en cuestión foi localizado en terreos de labrada resultantes da desecación da malograda Lagoa de Antela, o pasado día 23 de abril de 2011, como xa suporedes na compaña de Diego Rodríguez Vieitez e a súa moza.

O pedreiro cincento é un paseriforme migrador que pasa o inverno na África, sendo na galiza especialmente frecuente durante as pasaxes migratorias, especialmente durante a posnupcial, que ten lugar unha vez rematada a tempada de cría.

Neste tempo de primavera, ten lugar a pasaxe prenupcial, na que os pedreiros cinsentos acuden ás zonas de cría, na Galiza situadas en zonas de penedos a media a alta altitude.

Aínda que non existen poboacións nidificantes na chaira limiá "sensu stricto", sí existen algunhas parellas nos montes da bisbarra que rodean a bacía da Lagoa de Antela, en altitudes de entre 800 e 900m, pertencentes xeográficamente á coñecida bisbarra da Limia.

jueves, 22 de octubre de 2009

Máis pedreiros cinsentos na Limia.










Estas fotografías amosan varios exemplares de pedreiro cinsento (Oenanthe oenanthe) localizados en terreos do concello limiao de Vilar de Santos o día 10 de outubro de 2009.

Nelas podedes apreciar un curioso comportamento de certas aves insectívoras, que é o de aproveitar as concentracións de insectos que se producen nos montóns de abono e esterco para alimentarse,m chegada a recolleita do cereal e outros cultivos, os labregos amontonan esterco e abono nas beiras das leiras para extendelo despóis de arar, estes montóns son un excelente punto para a observación de certas aves.

Ademáis se vos fixades, nunha das fotografías, poderedes apreciar como o pedreiro fixa a súa mirada nunha mosca que pasa por diante no xusto momento no que foi feita a foto...

martes, 13 de octubre de 2009

Pedreiro cincento na Limia.






Estas son unhas fotos dun dos moitos pedreiros cincentos (Oenanthe oenanthe) que nestes días de paso migratorio postnupcial se deixan ver pola bisbarra da Limia, en concreto estas fotos son do día 3 de outubro de 2009, do concello de Vilar de Santos.

Sen embargo, este exemplar nun primeiro momento foi identificado coma un pedreiro marelo (Oenanthe hispanica) especie emparentada extinta xa coma nidificante en territorio galego, a identificación é errónea e haille que agradece-la corrección da cita a Cosme Damián Romai Cousido, experto ornitólogo da SGO, que visita con asiduidade a provincia de Ourense.

lunes, 7 de septiembre de 2009

Pedreiro cinsento na Limia






O pedreiro cinsento (Oenanthe oenanthe) é unha especie nidificante estival na provincia de Ourense, escasa en xeral, nestes días estase a producir o paso postnupcial de exemplares europeos, polo que a súa localización é máis sinxela que de costume, estas fotos están feitas no concello de Vilar de Santos o día 5 de setembro de 2009, nunhas leiras de cereal recén segadas, onde unha parella se estaba alimentando.