COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Phoenicurus ochruros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Phoenicurus ochruros. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de septiembre de 2014

Curroxo negro en Cachamuíña.

Moitas veces os naturalistas cometemos o erro de non facerlle o suficiente caso a aquelas especies máis comúns, grave erro, por que no caso que as poboacións destas especies comecen a ter algún problema, tardaremos máis en darnos conta, e polo tanto poder actuar.

Unha desas especies abondosas, ás que lle vai ben, principalmente debido a que conqueriu adaptarse ao hábitat que forman as nosas vials e cidades, é o curroxo común ou negro (Phoenicurus ochruros).

O curroxo é unha especie insectívora e abondosa, tanto nas vilas pobos e cidades da provincia, como en hortas e cumios ou penedos dos nosos montes, estando presente en tódalas cotas de altitude de Ourense. É frecuente escoitar o canto desta especie pola noito dende os tellados das nosas casas. Agardemos que o curroxo ou rabirrubio, continúa aledando as noites urbanas e rurais das casas ourensás durante moito tempo.

Nas imaxes obsérvase un polo voantón, que aínda reclamaba comida aos pais, localizado no encoro de Cachamuiña, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar o pasado día 23 de agosto de 2014.







 


miércoles, 15 de septiembre de 2010

Curroxo común en Monterrei.





Nas xornadas de anelamento compartidas con Pablo A. Sanmartín e Antonio Jimenez puidemos comprovar a extraordinaria abundancia do curroxo común (Phoenicurus ochruros) no concello de Monterrei.

O curroxo común é un paseriforme común nos núcleos de poboación da provincia, pero tamén habita en zonas de penedos, que constitúen o hábitat orixinal da especie.

O nome galego ven do contraste existente entre as plumas do rabo, de cor roxa, e o resto do corpo.

Nas imaxes aparecen algúns dos exemplares anelados os pasados días 8 e 9 de setembro de 2010.