COLEGAS

viernes, 12 de septiembre de 2014

Curroxo negro en Cachamuíña.

Moitas veces os naturalistas cometemos o erro de non facerlle o suficiente caso a aquelas especies máis comúns, grave erro, por que no caso que as poboacións destas especies comecen a ter algún problema, tardaremos máis en darnos conta, e polo tanto poder actuar.

Unha desas especies abondosas, ás que lle vai ben, principalmente debido a que conqueriu adaptarse ao hábitat que forman as nosas vials e cidades, é o curroxo común ou negro (Phoenicurus ochruros).

O curroxo é unha especie insectívora e abondosa, tanto nas vilas pobos e cidades da provincia, como en hortas e cumios ou penedos dos nosos montes, estando presente en tódalas cotas de altitude de Ourense. É frecuente escoitar o canto desta especie pola noito dende os tellados das nosas casas. Agardemos que o curroxo ou rabirrubio, continúa aledando as noites urbanas e rurais das casas ourensás durante moito tempo.

Nas imaxes obsérvase un polo voantón, que aínda reclamaba comida aos pais, localizado no encoro de Cachamuiña, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar o pasado día 23 de agosto de 2014.







 


No hay comentarios:

Publicar un comentario