O papamoscas gris (Muscicapa striata) é un pequeno e discreto paseriforme que, como o seu propio nome indica, se alimenta de insectos, que captura tanto en voo coma no chan, aínda que principalmente da primeira maneira.
Durante a época reproductora o papamoscas gris é un ave bastante escasa na nosa provincia, apenas un puñado de parellas se acantonan, principalmente no leste do noso territorio.
É, sin embargo, durante os pasos migratorios cando a especie se detecta con maior facilidade, principalmente durante o paso migratorio postnupcial, que está tendo lugar nestes días.
Nas imaxes podedes observar un exemplar desta especie atopado o pasado día 11 de setembro de 2014 no barrio ourensán de Peón de Cima de Mende, unha pequena poboación do arco rural da cidade situada á ribeira do río Loña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario