COLEGAS

viernes, 5 de septiembre de 2014

Sapiño comadrón en Ourense.

O sapiño comadrón (Alytes obstetricans) é, por sorte, unha especie aínda frecuente na nosa provincia. Ao contrario que noutras zonas de Galicia e de España, onde as súas poboacións teñen mermado considerablemente, mesmo con extincións locais, debido á alteracións do seu hábitat, á introducción de especies alóctonas depredadoras, e a unha sorte de epidemia que os anfibios veñen sufrindo nas derradeiras decadas.

No Noroeste ibérico habita unha raza ou subespecie propia, o Alytes obstetricans boscai, que é á que pertence o exemplar que se mostra nas imaxes. Este exemplar foi rescatado dunha piscina privada en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), lugar onde caera e do que non podía escapar polos seus propios medios. Despois de afotalo, o exemplar foi trasladado a unha charca natural situada nas proximidades san e salvo, o pasado día 16 de xuño de 2014.








No hay comentarios:

Publicar un comentario