COLEGAS

domingo, 7 de septiembre de 2014

Morfotipos urbanos de rás verdes ibéricas en Ourense.

Dun tempo a esta parte na cidade de Ourense téñense instalado en varias zonas verdes charcas artificiais, entre outras no Campus Universitario, no Parque do Ribeiriño ou na Rúa Avilés de Taramancos.

Estas charcas foron rápidamente colonizadas por diversos vertebrados, algún deles introducido a mantenta, coma o peixe vermello (Carassius auratus), outras de maneira natural, coma varias especies de odonatos.

Algunhas destas chacas están en rodeadas de entornos densamente urbanizados, e con poucas ou nulas posibilidades de ser colonizadas por parte dos anfibios de maneira natural. Outras, pola contra atópanse cerca de cursos de auga naturais, polo que esta posibilidade é máis provable.

Entre os anfibios neocolonifadores destes habitats acuáticos artificiais atópase a rá verde ibérica (Pelophylax perezi), un dos anfibios máis frecuentes da provincia e cunha alta capacidade expansiva natural. Sen embargo nas charcas habitadas por este anfibio en Ourense atopamos morfotipos que non se atopan noutros puntos da cidade ou da provincia colonizados ou habitados pola especie.

O pasado día 25 de agosto de 2014 dinme unha volta por algunha destas charcas para pescudar a posibilidade de que estas poboacións de anfibios teñan unha orixe antrópica (é dicir foses introducidas) e polo tanto poideses ter a súa orixe noutro país, dato que polo tanto indicaría que estamos ante outra especie de rá ou, incluso, algún tipo de híbrido.

O complexo de especies de rás verde europeas está composto por numerosas especies, estas especies hibridan con facilidade, dando por resultado poboacións hibridoxenéticas.

Os híbridos das ras verdes europeas son capaces de reproducirse coas súas especies parentais mantendo os seus caracteres híbridos. Asemade son capaces de formar poboacións propias sen aporte extra de xenes parentais, reproducíndose entre elas. Existen varias formas híbridad no continente europeo, coma a Rá híbrida europea (Pelophylax kl. esculenta) producto do cruce da ra verde europea (Pelophylax lessoane) e a ra verde grande (Pelophylax ridibunda). Ou a ra híbrida de Graf  (Phelophylax kl. grafi) cruce da ra verde ibérica (Pelophylax perezi) e a ra híbrida europea (Pelophylax kl. esculenta).

Na Península ibérica coñécense introduccións de varias especies de ras alóctoras, normalmente asociadas ás granxas de cría de ras para o consumo humano, ou en puntos de gran afluencia turística. Entre as especies detectadas en territorio peninsular atopamos a rá verde norteafricana (Pelophylax saharica), de orixe evidente, a ra touro (Rana catesbeiana), de orixe americano e gran tamaño, e a ra verde grande (Phelophylax ridibunda) de orixe centro europea.

Como vedes a historia das ras verdes no continente europeo dista moito de ser sinxela, e seguramente aínda dará moito que dicir nos próximos anos, polo momento aquí vos deixo algunhas das peculiares rás verdes da cidade de Ourense.













1 comentario: