COLEGAS

viernes, 19 de septiembre de 2014

Expansión das ladras ou osgas na Depresión Ourensá.

A ladra (Tarentola mauritanica) é un réptil trepador e insectívoro da familia dos gecos, que chegou a Ourense capital e a súa bisbarra, posiblemente debido ao tráfico de mercadorías por vía ferroviaria, segundo algúns autores. A chegada da especie debeuse producir entre os anos 60 e 70 do pasado século, xa que nos 80 e 90 a especie estaba xa perfectamente establecia nos barrios do Norte da Cidade.

A expansión da especie cara o Sur produciuse coa chegada do presente século, utilizando como vía de expansión as pontes que cruzan o río Miño (Vella, Nova, Novísima e Viaducto).

Na actualidade a especie extendeuse polos concellos veciños de Pereiro de Aguiar, Barbadás, Punxín, San Cibrao das Viñas, e Amoeiro, sendo moi posible a presenza tamén en Coles.

Esta expansión está sendo axudada polo transporte de mercadorías a nivel local entre a cidade e os polígonos industriais que a avastecen. E tamén entre a cidade e os almacés de empresas distribuidoras asociadas ao sector servios e á alimentación.

Asemade a especie confirmouse a viaxe de varios exemplares dende Ourense até o Pereiro de Aguiar nas fiestras de coches de persoas que viven en Ourense e traballan no pereiro e viceversa.

Tamén se confirmou o transporte e posterior liberación de exemplares a mantenta por parte de polo menos dúas persoas, que deron nun dos casos como resultado unha poboación reproductora situada a 18 km do centro de Ourense.

No tocante a cidade a especie estase a expandir untilizando o río Barbaña como vía de introducción no centro, alcanzando o Barrio de A Valenzá, a través dun dos seus afluentes, o Regato dos Muiños.

Pola cunca principal do Barbaña, acadou o Piñeiral, xa moi perto do Polígono Barreiros (San Cibrao das Viñas) onde xa existen poboacións viables.

Por último estanse a localizar exemplares que non coinciden exactamente coa descripción de Tarentola Mauritanica estrictamente, e cuia identificación definitivaestá agora mesmo tratando de concretarse, xa que poderían tratarse doutras especies emparentadas.

O tráfico rodado de coches particulares pode estar xogando un importante papel na expansión da especie no NO da provincia nestaes intres, e é de agardar citas en vilas próximas á capital, con climatoloxía adecuada e con importantes movimentos de poboción e mercadorían entrambas, como pode ser o caso de O Carballiño, Ribadavia ou Celanova.

Nas imaxes uns cantos exemplares fotografados en diversos puntos da cidade de Ourense o pasado día 10 de setembro de 2014.













No hay comentarios:

Publicar un comentario