COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta rarezas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rarezas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Pilro peitoral en Pereiro de Aguiar.





Estas fotos que vos presento teñen a súa historia, resulta que o pasado día 4 de setembro de 2010, na compaña de Rafa Vázquez, Vero de Noa, estivemos no encoro de Cachamuiña, entre as aves observadas había un grupo de catro limícolas que eu identifiquei por erro como liorteiros (Philomachus pugnax), cando me dispuxen a subir as fotas ao blog non me setín seguro da correcta identificación destas aves, así que lle enviei as imaxes ao ornitólogo Cosme Damián Romai, quen me informou de que en realidade se trataba doutra especie, o pilro peitoral (Calidris melanotos).

O pilro peitoral é unha especie divagante orixinaria de Siberia e Norteamérica que en ocasións chega accidentalmente ao Oeste de Europa, se a memoria non me falla esta sería a terceira ocasión na que se observa esta especie na provincia, sendo as duas citas anteriores da bisbarra da Limia. A primeira de Esteban Solleiro corresponde a un exemplar observado o 12 de xuño de 2008, a segunda foi realizada por José Ramón Gomez o 14 de setembro do mesmo ano.

lunes, 7 de septiembre de 2009

Os gansos do Exipto non se van.



Segue a parella de gansos do Exipto (Alopochen aegyptiacus) nas areeiras da Limia en Sandiás, como mostran estas fotos do día 5 de setembro de 2009.

lunes, 31 de agosto de 2009

Seguen na Limia os gansos do Exipto.





O día 29 de agosto de 2009 seguen nas areeiras da Limia en Sandiás a parella de gansos do Exipto (Alopochen aegyptiaca) localizada na mesma zona con anterioridade.

martes, 11 de agosto de 2009

Ganso de Exipto na Limia






Fotografías dunha parella de gansos de Exipto (Alopochen aegyptiacus) nas areeiras da Limia en Sandiás o 9 de agosto de 2009.

O ganso do Exipto é unha especie orixinaria da África subsahariana que foi introducido na Gran Bretaña no século XVIII; na actualidade está extendido por diversos países do occidente europeo, en Ourense a especie solo ten sido vista na Limia, a orixe dos exemplares observados en Galicia é ,con toda probabilidade a poboación cimarrona instalada noutros paises do noso entorno.

lunes, 2 de marzo de 2009

Parrulo cristado americano en Ourense



O pasado 13 de Febreiro foi localizado no río Miño en Ourense ó seu paso pola Chavasqueia un exemplar de parrulo cristado americano (Aythya collaris), concretamente un macho adulto, integrado nun bando de parrulos cristados (Aythya fuligula) que estaban a realizar paradas nupciais, tratase da primeira cita ourensá desta especie americana que aparece asociada con temporais do Oeste que nese tempo azotaban a nosa xeografía. A primeira referencia a observación desta especie en Ourense debémoslla a Alexandre Justo Álvarez e a Estefanía Aleu Mosteiro que viron un exemplar na mesma zona, con toda provabilidade este mesmo, o día 29 de decembro de 2008, polo que estaríamos a falar dunha invernada en toda regra, para máis información recomédovos que visitedes a web da Sociedade Galega de Ornitoloxía: www.sgosgo.org

Camon de allen en Ourense










O pasado 12 de Febreiro de 2009 foi atopado polo autor, en pleno centro de Ourense, no parque Miño, un exemplar dunha nova especie para Galicia, o camon de Allen (Porphyryo alleni), esta especie de orixe africano, non fora citada con anterioridade en Galicia, no resto de España existen a lo menos 13 citas máis espalladas por distintos puntos do pais, ainda que con maior intensidade na metade Sur e nas illas Canarias, estas citas unidas a outras do resto do continente que coinciden entre os meses de Xaneiro e Marzal principalmente, teñen sido xustificadas como movimentos dispersivos asociados a fugas da sequía desta época na África subsahariana, ainda que en parte dos casos non pode descartarse unha orixe artificial da mesma producto dun escape, como de feito xa se ten comprovado.

Como prova ahí tendes a serie de fotografias obtidas no debandito día, a cita está publicada na web da Sociedade Galega de Ornitoloxia (SGO) www.sgosgo.org onde tamén atoparedes parte das fotografias que aquí se presentan.