COLEGAS

lunes, 27 de julio de 2009

Martiño peixeiro no río Loña



Unha das máis claras evidencias da calidade que aínda conserva o río Loña en Ourense é a presenza do martiño peixeiro (Alcedo atthis), unha especie moi exixente en canto ós niveis de contaminación, o pasado 24 de xullo de 2009 foi atopado un exemplar desta especie en dito río, pousado nunha percha que usa habitialmente para ós seus lances á procura de alimento.

Corvo mariño en Ourense




O pasado 20 de xullo foi atopado un corvo mariño (Phalacrocorax carbo) no río Miño en Ourense, asentado na cidade dende os anos 90 do pasado século, na actualidade podemos ver esta especie no río durante todo o ano, e non sería de extrañar que comezase a aniñar calquera día destes.

miércoles, 22 de julio de 2009

Serpe riscada na cidade de Ourense




Onte martes 21 de xullo de 2009 foi atropelado á noitiña por un autobús urbán na Avda. de Bos Aires da cidade de Ourense un exemplar adulto de serpe riscada (Rhinechis scalaris), o exemplar en cuestión frecuentaba o inicio da rúa do Cuco, o atropelo desta serpe supuxo un gran acontecimento para a veciñanza xa que a serpe, de case un metro vinte centímetros, aínda se movía despois do accidente.

A noticia con algunha destas fotos (que son miñas..) foi publicada por varios xornais, entre eles por La Región, (podedes ver a noticia pinchando o seguinte enlace). www.laregion.es/noticia/97820/ourense/serpiente/escalera/avenida/buenos/aires/

lunes, 13 de julio de 2009

Sobre o atentado ecolóxico no encoro de Cachamuiña


parece ser que os primeiros perxuicios para a natureza da zona non se fixeron agardar, así unha gran parte da vexetación circundante do encoro a parece con graves perdas de clorofila, quizáis polo efecto da contaminación química, o mal afecta indistintamente ás especies estando afectadas as silvas os carballos, as roseiras silvestres ou o ruxo, non cave dubida algunha que algo está a acontecer en Cachamuiña.

Novo atentado ecolóxico na comarca de Ourense




Desois de que un verquido tóxico asolase todo atisvo de vida no río Barbaña, en proceso de recuperación dende hai anos, temos que lamentarnos unha vez máis dun novo verquido, desta volta nun regato que desemboca no encoro de Cachamuíña en Pereiro de aguiar, así onte, 11 de xullo de 2009, foi atopado un verquido de pintura dourada neste regato que supón un refuxio para os anfibios e alevíns do encoro, unha vez máis o río Loña, o millor conservado da comarca, vese afectado por un atentado ecolóxico