O rato mouro (Mus spretus) é un parente mediterráneo do máis común rato caseiro (Mus domesticus). En tempos foi considerado un ecotipo deste último, pero análises xenéticos puxeron de manifesto a singularidade deste roedor do Norte de África e Sur da Europa.
Na Galiza o rato mouro aparece escasamente na metade Sur, sendo a nosa provincia na que a especie se atopa mellor representada. Aínda que os seus hábitos discretos, máis campestres que o seu parente, e a súa facil confusión con él, fan que pase fácilmente desapercivido.
Diferénciase do rato caseiro pola tonalidade pardusca do seu pelaxe, que recorda a un rato de campo coas orellas pequenas e o tamaño do rabo en relación co corpo, máis pequeno no caso do rato mouro.
Nas imaxes un exemplar atopado morto, posiblemente depredado por un gato, en terreos do concello Ourensán de Punxín o pasado día 14 de setembro de 2014.
COLEGAS
Mostrando entradas con la etiqueta Punxín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Punxín. Mostrar todas las entradas
domingo, 28 de septiembre de 2014
viernes, 29 de agosto de 2014
Serpe de escada, unha pequena beleza.
Son moitas as persoas que sinten repulsión de cara aos ofidios, sen embargo a gran maioría das especies do país son totalmente inofensivas para o ser humano, e ao mesmo tempo, son de gran utilidade para o agro en xeral, debido ao gran número de roedores que consumen.
Unha das nosas especies de ofidio máis fermosas é a serpe de escada (Rhimechis scalaris), que debe o seu nome á librea cromática que presentan os exemplares novos da especie, que se asemella a unha escaleira de man, coa chegada da idade adulta, esta librea transformarase en duas liñas paralelas e lonxitudinais ao longo do corpo.
Nas imaxes veredes un xuvenil desta especie coa librea característica que vos comento, atopado o pasado día 10 de abril de 2014 nas cercanías do río Barbantiño en Punxín.
Escáncer común no Barbantiño.
Xa vos dariades conta de que nos derradeiros tempos as miñas citas e post xiran en torno a un mesmo punto, o río Barbantiño, que na actualidade é o meu fogar, por sorte xa que a súa riqueza faunística e natural é realmente única e pouco coñecida.
Un dos seus habitantes máis abondosos é o escancer común (Anguis fraguilis), tamén coñecido como esgonzo noutros puntos do país.
En Ourense é unha especie frecuente, e na zona do Barbantiño, realmente abondosa, sendo, xunto con algunha especie de lagartixa, o reptil máis frecuente.
Nas imaxes unha parrella atopada en terreos do concello de Punxín o pasado día 18 de abril de 2014.
miércoles, 30 de octubre de 2013
Escáncer común no Barbantiño.
Seguramente a algún de vós vereivos mañá no roteiro do Montealegre cos "Amigos da Terra", namentres iso non ocorre déixovos cun belo escáncer común (Anguis fraguilis) atopado recentemente a carón do meu querido río Barbantiño, unha das xoiais naturais da depresión Ourensá.
O escáncer común pasa por ser un dos réptiles máis frecuentes da nosa provincia, necesitando sempre unha certa humidade no hábitat para poder desenrolarse. Esa dependecia da humidade, máis salientable nas bisbarras máis cálidas, fai que o escáncer común apareza con frecuencia a carón de ríos, regatos e zonas húmidas, que tamén poden ser prados.
martes, 29 de octubre de 2013
Píntega xuvenil no Barbantiño.
Moitísimas veces nos temos achegado á píntega común (Salamandra salamandra) dende faunaourense, eche o que ten que sexa o meu bichiño faborito, así que pídovos perdón polo pesado que son con esta especie en concreto.
Desta volta un pequeno xuvenil atopado a carón do río Barbantiño unha noite de chuvia da semana pasada, moi fotoxénico por certo....
domingo, 20 de octubre de 2013
Piquelo azul no Barbantiño.
Seguramente algún de vós visitaredes este domingo o río Barbantiño da man dos Amigos da Terra, e así teredes a oportunidade de observar e disfrutar dun dos ecosistemas de riberia mellor conservados do entorno da cidade de Ourense. Para aqueles que non poidades acudir seguramente haberá máis oportunidades de facelo, mentres tanto aquí vos amoso un dos seus habitantes máis fermosos, o piquelo azul (Sitta europaea).
O piquelo é un paseriforme forestal frecuente na práctica totalidade da provincia, aínda que non chega a ser tan abondoso coma outros dos seus compañeiros da foresta, coma os páridos, por exemplo.
Nas imaxes, obtidas a comezos do pasado mes de setembro, observamos un exemplar fotografado na foresta de galería do río Barbantiño ao seu paso polo concello de Punxín, non lonxe dos mananciais termais coñecidos coma o bañiño.
viernes, 18 de octubre de 2013
Roteiro ambiental Paseo do Barbantiño-Fervenza do Viñao.
Esta fin de semana, dentro do proxecto de iniciativas xuvenís
“Movéndonos para o cambio” promovido por Amigos da Terra, temos
prevista a realización dun roteiro ambiental no entorno da
vila de Ourense.
Desprazarémonos ata o río Barbantiño para
desfrutar do seu paseo ata chegar ao lugar coñecido como “Fervenza
do Viñao ou do Cachón”. Trataremos de coñecer un pouco máis
sobre o entorno da provincia para axudar á sensibilización
ambiental e á conservación do territorio.
Ademais, falaremos sobre distintas problemáticas e
particularidades ambientais asociadas ás zonas húmidas que
poidamos observar durante o transcurso do roteiro.
O lugar para quedar inicialmente será a explanada do
edificio da Policía Nacional de Ourense o domingo 27
de outubro ás 10:00 horas. Distribuiremos as prazas
dispoñibles dos coches entre os participantes para o transporte ata o
lugar do roteiro. A hora de regreso está prevista para ás 13:00 horas,
aproximadamente.
Destinatarios/as:
todas as persoas interesadas en coñecer e sensibilizarse co entorno da
provincia. Especialmente para persoas entre 18 e 35 anos de idade.
Data e hora:
domingo 27 de outubro, entre as 10:00 h e as 13:00 h.
Actividade gratuíta.
Se estás interesado/a en participar, ponte en contacto con nós:
Correo-e: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)
sábado, 12 de octubre de 2013
Pequeno metamórfico de sapiño comadrón en Punxín.
Coas chuvias de hai uns días, prodúxose unha pequena surxencia de metamórficos de sapiño comadrón ou sapo coucho (Alytes obstetricans) nas proximidades da cunca do río Barbantiño no concello ourensán de Punxín. Debido ao seu pequeno tamaño e ás súas cores discretas pasan fácilmente desapercibidos, polo que corren un serio risco de ser pisoteados e atropelados incluso polos máis amantes da natureza, así que perante ao próximo pronóstico de chouvas de cara á vindeira semana, tende cuidadiño cando vaiades ao campo.
jueves, 10 de octubre de 2013
Papamoscas gris en Punxín.
O papamoscas gris (Muscicapa striata) é un paseriforme insectívoro de tamaño medio e cores discretas. Aínda que existe unha pequena poboación nidificante asentada na metade leste da provincia é durante os pasos migratorios cando a especie se observa con maior facilidade en calquera punto da provincia, aínda que sempre en escaso número, sobretodo se o comparamos co papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), que parece case omnipresente durante o paso migratorio postnupcial.
Nas imaxes un exemplar localizado o pasado mes de setembro, nunha área agrícola abandonada do concello de Punxín e a carón dun castiñeiro (Castanea sativa).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
































































