COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Trachemys scripta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Trachemys scripta. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de septiembre de 2013

Sapoconcho americano no río Loña.

Os pasados días 16 e 17 de setembro de 2013 foi atopado un sapoconcho americano no río Loña. A presenza dos sapoconchos americanos (Trachemys scripta) é frecuente nos cursos fluviais do entorno urbán da cidade de Ourense, onde se ten constatado a súa reproducción en liberdade no río Barbaña, e diversas charcas artificiais en parques urbanos.

O sapoconcho americano é unha especie alóctona que esta presente na nosa provincia ao redor das grandes vilas e cidades, competindo polo hábitat co sapoconcho común (Emys orbicularis), podendo incluso desplazalo e contaxiarlle enfermidades infecciosas. A presennza do sapoconcho americano no medio natural ourensán é debida á solta indiscriminada de exemplares que se manteñen en catividade como mascotas.

Agora ben, recentemente unha revisión sistemética das diferentes subespecies de Trachemys scripta feita no contimente americano, elevou ao rango de especies moitas das poboacións consideradas subespecies desta especie, sobre todo en meso e centroamérica.

As características observadas neste exemplar, como o diseño facial ou o gran tamaño do exemplar fan pensar que non se trata dunha Trachemys scripta típica, senón outra especie estreitamente emparentada, como é Trachemys venusta ou sapocoincho centroamericano, presente no ismo centroamericano dende Veracruz, en México hasta o oeste de Colombia.

A ver que comentan os expertos.


























miércoles, 31 de agosto de 2011

Pequenos sapoconchos ourensáns.






"A vida é un manancial de goces, pero onde a canalla deixa envelenadas as fontes"- Friedrich Nietzsche (1844-1900)- Filósofo alemán.

En primeiro lugar quixera agradecer o voso interés na identificación do sapoconcho que onte amosamos neste blogue, o misteiro está a piques de solucionarse, pero antes teño que aclarar os cambios sistemáticos acontecidos en herpetoloxía para denominar definitivamente á especie.

Na mentras achégovos uns novo habitantes desta a miña cidade de Ourense, que amosa a reproducción do que parecen ser , esta vez sí, Trachemys scripta, ou similar, eu me inclino desta volta por un híbrido entre dúas das subespecies de Tachemys scripta scripta x elegans.

Debido a que se comercializaron exemplares de varias subespecies de sapoconcho americano (Trachemys scripta), tamén varias acadaron a liberdade, ao reproducirse entre sí, xa no medio natural, é relativamente frecuente que atopemos híbridos na Depresión Ourensá.

De tódolos xeitos, sigo amosándome prudente con estes pequerrechos e digo o de Trachemys coa boca pequena, e disposto a rectificar se é preciso. Un forte saúdo de novo, e de novo, moitas grazas.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Sapoconcho americano en Ourense.


Nesta imaxe aparece un exemplar de sapoconcho americano (Trachemys scripta), especie introducida de orixe americano, atopado o pasado día 5 de setembro de 2010, no río Barbaña, afluente do pai Miño, que rega terreos da cidade de Ourense.

Nun primeiro momento especulei ca identidade deste bicho, ante a posibilidade de que se tratase dalgunha nova especie introducida, tamén dende o continente americano, a causa do tráfico indiscriminado de especies exóticas con destino ao mercado de mascotas.

Unha vez consultados os expertos, entendendo por eles os herpetólogos galegos Rafael Vázquez, César Ayres e Martiño Cabana, o beredicto final parece ser unánime, e atopámonos perante un híbrido entre duas subespecies diferentes do sapoconcho americano, que serían scripta e élegans, que ao parecer se comercializa de xeito habitual nas tendas de mascotas.

miércoles, 4 de marzo de 2009

A sapoconcho americano outra especie introducida presente no río Loña




Recentemente, en xullo de 2008, foron localizados dous exemplares adultos de sapoconcho americano (Trachemys scripta elegans) no cauce do río Loña en Ourense, un deles atopábasa asoleandose sobre unha pedra no medio do río, o segundo exemplar localizado preto de Mende, atopouse nadando no medio do río, podería haber máis indivíduos, pero de momento ainda non se detectou a súa reproducción na zona.