COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Montederramo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Montederramo. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de septiembre de 2014

Coñece o bidueiral de Montederramo cos Amigos da Terra.

Coñece o Bidueiral de Montederramo!

Amigos da Terra convídavos a fin de semana do 13-14 de setembro, a participar nun roteiro guiado pola "fraga das damas brancas", o bosque de bidueiros mellor conservado de Galicia


Sábado - 10.30h. Saída ao Bidueiral de Montederramo: ruta guiada polo bosque; identificando as especies autóctonas, os seus usos mediciñais e o alto valor ecolóxico do espazo. Xantar de campo, coa volta prevista para as 19.30h. en As Corcerizas.
Domingo - 10.30h. Visita As Corcerizas e voluntariado: unha oportunidade de coñecer os recursos do centro ou participar nunha acción conxunta para a mellora ambiental do entorno. Fin da actividade ás 13.30h.,abertas as instalacións ata 17.30h.
 
 
As actividades son de balde
Podes apuntarte só ao roteiro ou á fin de semana completa:
ALOXAMENTO - 15 € a noite no albergue
ALIMENTACIÓN- por conta das participantes:
- Sábado levar xantar de campo; posibilidade de cea compartida
- Domingo almorzo e xantar opcional
Prazas limitadas, por orde de inscrición;terán prioridade as socias de Amigos da Terra
 
Actívate na defensa do medio ambiente!
 MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
Amigos da Terra en Vigo: 986 229 089
info@ascorcerizas.com

www.ascorcerizas.com

www.facebook.com/Ascorcerizas
 
 

jueves, 31 de enero de 2013

"Os encantos" do Mosteiro de Santa María de Montederramo

"A vida é como unha lenda: non importa que sexa longa, senón que estexa ben narrada"- Lucio Anneo Séneca (2 a.C.-65)- Filósofo latino.

Contan as lendas do olimpo Galaico que as augas da nosa terra, tanto as mariñas como as doces, están habitadas por unha sorte de sereas de xénero masculino, coñecidos como homes mariños ou encantos das augas. Din os vellos da ribeira do río Miño, que son  unha sorte de trasnos da auga, e tamén algún crego que asegura que son diaños acuáticos.


Os encantos das augas ou homes peixe son seres antropomorfos, agás porque posúen unha liña de pelos finos ou escamas verdosas no peito, cabeza e lombo. As estremidades parecen transformadas en forma de aletas. Falan seica unha lingua que ninguén entende, pero son capaces de falar algunhas palabras do noso idioma, para poder pedir viño ou pan.

Os encantos das augas, ou homes peixe, son seres inmortais, que se guían cunha especie de carapucha vermella. E seica gardan grandes tesouros. No Miño seica eran migratorios, e decando en vez retornaban ao mar, pena que hoxe en día os muros dos encoros non lles permitan a viaxe.

Este tipo de seres lendarios, esconden tras de sí personaxes outrora adorados, como as ninfas en tempo dos romanos. Coa chegada do cristianismo, este tipo de personaxes mitolóxicas foron demonizadas, e tidas como seres diabólicos de carácter menor, unha sorte de diaños atravesados, pero non mortais de necesidade.

Na zona marítima, os "homes mariños" seguiron tendo o aprecio dos mariñeiros, xa que seica axudaban aos pescadores nas capturas, sen embargo os "encantos mariños" eran seres diabólicos que raptaban persoas e rapeces pequenos, e quedaban coas almas dos naúfragos.




O mosteiro cisterciense de Santamaría de Montederramo atópase na ladeira Norte da Serra de San Mamede, fundado mediante doazós na Idade Media, foi recostruído, agás pequenos vestixios, a partir os séculos XIV e XV, non  se conserva na actualidade ningún edificio medieval. 
Trátase do mellor exemplo do renacimento de Ourense, e no claustro podemos observar unha unha boa colección de heráldica e escultura entre as que destacan personaxes tipo "home peixe". As lendas destes seres están expandidas por toda Galiza, e prácticamente non existe río, costa, ou lagoa que non conte co seu propio "trasno d´auga".

Ben seguro que a próxima vez que alguén bos diga que sodes un "encanto" o ides a ver doutra maneira...

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Gardafontes ibérico en Montederramo.




O gardafontes ibérico ou común (Lissotriton boscai), pasa por ser un dos anfibios máis frecuentes da provincia, máis non por común una especie deixa de ser interesante, ou fascinante, incluso. Sempre é motivo de ledicia atoparse un ser vivo a cada volta do camiño.

Neste caso estamos perante un anfibio endémico da Península Ibérica, polo que o que para nós é unha especie común, é para os lectores extranxeiros deste blogue, unha auténtica rareza digna de admiración, xa que alén dos Pirineos, o gardafontes común está ausente.

A Península Ibérica, debido ao seu aillamento e á súa historia xeolóxica e á súa situación xeografica, conta con numerosas especies exclusivas do seu territorio, o que lle otorga o privilexio de ser un dos "hot spot" europeos no que a biodiversidade endémica se refire. Esta endemicidade atinxe non só a certas especie de vertebrados, senón tamén, máis aínda incluso, a numerosas especies de invertebrados e prantas. É polo tanto un orgullo, poero tamén unha responsabilidade, que todas estas especies continúen a vivir entre nós para que as vindeiras xeracións sigan a disfrutar da súa presenza.

Na imaxe, un gardafontes común atopado o pasado día 11 de setembro de 2011 en terreos pertencentes ao concello de Montederramo, non lonxe do pobo de Gundín.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Cobra de auga viperina en Montederramo.




O pasado día 4 de setembro de 2010 na compaña de Rafa Vázquez, Vero e Noa, atopamos este exemplar de cobra de auga viperina no encoro do Mao, en terreos do concello de Montederramo.

A cobra de auga viperina, semella ser unha das especies de ofidios máis frecuentes da provincia de Ourense, e subliñamos de novo, unha especie de réptil totalmente inofensiva para o ser humano que debe de ser respetada.