"A
vida é como unha lenda: non importa que sexa longa, senón que estexa
ben narrada"- Lucio Anneo Séneca (2 a.C.-65)- Filósofo latino.
Contan as lendas do olimpo Galaico que
as augas da nosa terra, tanto as mariñas como as doces, están habitadas
por unha sorte de sereas de xénero masculino, coñecidos como homes
mariños ou encantos das augas. Din os vellos da ribeira do río Miño, que
son unha sorte de trasnos da auga, e tamén algún crego que asegura que
son diaños acuáticos.
Os
encantos das augas ou homes peixe son seres antropomorfos, agás porque
posúen unha liña de pelos finos ou escamas verdosas no peito, cabeza e
lombo. As estremidades parecen transformadas en forma de aletas. Falan
seica unha lingua que ninguén entende, pero son capaces de falar
algunhas palabras do noso idioma, para poder pedir viño ou pan.
Os
encantos das augas, ou homes peixe, son seres inmortais, que se guían
cunha especie de carapucha vermella. E seica gardan grandes tesouros. No
Miño seica eran migratorios, e decando en vez retornaban ao mar, pena
que hoxe en día os muros dos encoros non lles permitan a viaxe.
Este
tipo de seres lendarios, esconden tras de sí personaxes outrora
adorados, como as ninfas en tempo dos romanos. Coa chegada do
cristianismo, este tipo de personaxes mitolóxicas foron demonizadas, e
tidas como seres diabólicos de carácter menor, unha sorte de diaños
atravesados, pero non mortais de necesidade.
Na
zona marítima, os "homes mariños" seguiron tendo o aprecio dos
mariñeiros, xa que seica axudaban aos pescadores nas capturas, sen
embargo os "encantos mariños" eran seres diabólicos que raptaban persoas
e rapeces pequenos, e quedaban coas almas dos naúfragos.
O
mosteiro cisterciense de Santamaría de Montederramo atópase na ladeira
Norte da Serra de San Mamede, fundado mediante doazós na Idade Media,
foi recostruído, agás pequenos vestixios, a partir os séculos XIV e XV,
non se conserva na actualidade ningún edificio medieval.
Ben seguro que a próxima vez que alguén bos diga que sodes un "encanto" o ides a ver doutra maneira...
No hay comentarios:
Publicar un comentario