Acabamos de crear un novo grupo no facebook chamado Fauna e Flora de Galicia,
tendes o enlazamento picando no nome do grupo. Este grupo pescuda ser
un punto de encontro para a promoción da fauna e flora de Galicia,
iniciativas conservacionistas, pero tamén un lugar de promoción para
iniciativas públicas ou privadas que pescuden un desenvolvimento
sostible da nosa terra.
Asemade queremos que sea un grupo aberto ao debate e á denuncia dos
maltratos ecolóxicos que constante mente sofre a terra galega.
Animámosvos a participar e partillar para entre todos facer ver que
Galicia pode resurxir das súas cinzas sen hipotecar o seu futuro e o seu
patrimonio natural. Asemade sei que entre todos seremos capaces de
mostrar tódalas maravillas que a nosa terra agocha.