COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta mustelidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mustelidos. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2015

Visón americano no río Miño.

Moitas veces a través das páxinas deste blogue nos temos achegado á problematica que a presenza do visón americano representa para o equilibrio ecolóxico dos hábitas ourensáns. Noutras ocasións as imaxes presentadas teñen sido bastante millores pero a publicación destas en concreto ten a súa razón.

En imnumerables oportunidades teño escoitado a testemuña de diversas persoas asegurando a presenza das máis diversas e extrañas especies no río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense, este tipo de testimonios son comúns a outras zonas e a todo tipo de hábitats. Como se pode apreciar nestas imaxes, en ocasión unha especie máis ou menos frecuente, dependendo das condicións da observación, pode aparentar totalmente o que non é, dando lugar, incluso a lendas urbanas ou "serpes de verao".

No primeiro intre era publicar estas imaxes baixo un formato tipo foto misteriosa ou similar e gardar as elucubracións dos leitores, pero finalmente defidín dar xa a identificación e, se o tendes a ben, dicide o que vos pareza nos comentarios.

O visón americano (Neovison vison), e unha especie invasora provinte do norte do continente americano. A súa expansión na Península Ibérica está ameazar a supervivencia de especies de anfibios, aves, réptiles ou mamíferos, aos que depreda ou cos que compite, dependendo da especie. A presenza do visón americano na nosa provincia remóntase aos comezos do século XXI. En certos espazos naturais téñense feito capturas para tratar de eliminala especie, nembargantes a efectividade destas medidas ten sido insuficiente e totalmente inutil para a eliminación da especie.
















lunes, 28 de octubre de 2013

Teixugo atropelado en Xunqueira de Espadañedo.

Por desgracia, moitas veces nos temos achegado á traxedia dos atropelos a través das páxinas deste blogue. Nesta ocasión atopámonos perante un teixugo (Meles meles), atopado morto por atropelo nunha estrada do concello de Xunqueira de Espadañedo, non lonxe do alto do Couso e Niñodáguia.

O teixugo é o maior dos mamíferos mustélidos presentes na nosa provincia, perseguido con saña durante moito tempo, quizáis a persecución continúe na actualidade, a pesar de que se trata dunha especie extrictamente protexida. Hai anos os teixugos foron perseguidos por tres causas principalmente, polos danos á agricultura (xa que se trata dunha especie omnívora), polos danos ás peza codiciadas polos cazadores (coellos principalmente) e polo valos da súa pel ( apreciada polos trampeiros).

Na actualidade o teixugo (ou porcoteixo) segue a ser perseguido en certas localidades, nas que se colocan lazos ( trampas metálicas non selectivas) co gallo de eliminar o maior número posible de depredadores, coma raposos, algarias, teixugos e outros.

Por último foi recollido no pasado verán un nome vernáculo para esta especie, "teix", na bisbarra da Baixa Limia.




martes, 3 de septiembre de 2013

Doniña atropelada en Vilar de Santos.

"O millor modo de amar algo, é ter sempre presente que podes perdelo"- Diego Torres (1971-) Cantante e compositor arxentino.




O pasado día 1 de setembro de 2013 foi atopada unha doniña ou donicela (Mustela nivalis), atropelada na estrada comarcal 532 (que une Xinzo e Celanova), ao seu paso polo pobo de Barrio, pertencente ao concello limiao de Vilar de Santos.

Os atropelos son unha das principais causas de morte non natural para os vertebrados da provincia. Na bisbarra da Limia a incidencia dos atropelos é especialmente intensa, debido en gran parte ao asfaltado das pistas da concentración parcelaria, é á propia apertura indiscriminada das pistas debido a esta.

Triste ter que amosarvos unha imaxe tan triste dun animal tan fantástico e cheo de personalidade, morto por segunda vez en pouco tempo, sen embargo vexo totalmente necesario a divulgación deste tipo de imaxes para concienciar sobre o impacto dos atropelos por parte do tráfico rodado nas nosas poboacións de vertebrados.

Esquecíame comentarvos que  doniña é o nome vernáculo máis utilizado para referirse a esta especie na Limia, outros nomes, como xa comentei en entradas anteriores son donicela, dona da parede, e como comentou damián "denosiña".

viernes, 2 de agosto de 2013

Donicela en Punxín.

A donicela (Mustela nivalis), é o mamífero mustélido máis pequeno de Galicia. Na nosa provincia recibe tamén os nomes de doniña (na comarca da Limia) ou dona da parede (en terras de Viana do Bolo).

En Ourense a donicela atópase polo momento ben distribuida por tódalas bisbarras que compoñen a provincia. Houbo un tempo no que a donicela, debido a que en certas ocasións pode depredar sobre coellos e aves domésticas, foi perseguida con saña, e tida por unha alimaña que debñia desaparecer do noso territorio. En algunha poboación era tida incluso por un animal velenoso, cuia mordida podía matar a un home. Afirmación de todo falsa.

Nas imaxes unha donicela atopada recentemente a carón do río Barbantiño en Punxín, morta por causas descoñecidas.

A raza ou subespecie característica das nosas terras é a Mustela nivalis vulgaris que se extende pola maior parte da Península, que se diferencia do resto de razas por ter os pes de color.







viernes, 17 de diciembre de 2010

Lontras na Limia.










"A nosa natureza está na acción. O repouso presaxia a morte"- Séneca (4 a.C-65)-Filósofo romano.

O pasado día 11 de decembro de 2010 tiven o gran pracer de observa-las peripecias de ata sete exemplares diferentes de lontras (Lutra lutra), en varios puntos do concello de Sandiás.

É unha sorte poder contar con este tipo de animais perto da casa, xogando, pescando e reproducíndose a pesar da contaminación, en contra de todo pronóstico, e esquivando os tiros de desconsiderados cazadores que se chaman a si mesmo deportistas, pero que de deportistas non teñen nada.

A lontra montense en ourense na maioría dos cursos fluvias, pese a que na actualidade ten un perigoso competidor, o visón americano (Neovison vison), que lle está a invadir o terreo.

Abride ben os ollos, e pescudade ao voso arredor, por que detrás de caza folla, diante de cada carballo, hai un ser digno de ser admirado.

viernes, 13 de agosto de 2010

O visón americano: Unha especie urbana en Ourense.













Poucos saben da existencia do visón americano (Neovison vison) nos treitos máis urbáns dos ríos do concello de Ourense, entre eles o Barbaña, quizáis o máis urbanita dos cauces aurienses.

Allea aos viandantes facendo deporte nos paseos que rodean este calanizado e contaminado río, allea asemade á algaravía dos cativos que xogan nos parques cercanos, atopei esta femia absorta na tarefa de construilo seu cuvil, allea tamén ao grave problema que a súa mera presencia supón para o equilibrio ecolóxico dos lugares nos que habita.

Onte, día 12 de agosto de 2010, despois dunha hora de paciente espera, esta "visona" tivo a ben mostrarme un pequeno pedazo da súa vida, topeina construindo a súa toqueira, quizáis apurada polo inminente alumbramento dunha nova xeración ourensá desta especie invasora orixinaria do continente americano. De tanto e tanto o animal descansaba, para beber, a falta de cervexa, un grolo no cauce do río, que pola cor ben se podía confundir coa resfrescante bebida.

lunes, 19 de julio de 2010

Teixugo atropelado en Sandiás.





Non cansaremos de repetir e denunciar a través deste blog, da constante sangría que a nosa fauna está a sufrir nas estradas ourensás. Un bo exemplo son estas imaxes dun teixugo (Meles meles) víctima dun atropelo na estrada comarcal 531 ao seu paso polo concello limiao de Sandiás o pasado día 18 de xullo de 2010.

O teixugo é o maior mustélido galego, a pesar de estar presente en numerosos puntos da provincia, non acada ao parecer altas densidades, mamífero oportunista, cunha variada dieta omnívora, os seus costumes nocturnos, fan del unha especie pouco coñecida.

No pasado existiu en certos pobos da Limia o costume de manter teixugos en catividade, os exemplares obtíñanse do expolio de camadas nas toqueiras.

Esta especie ten asemade costumes cabadoras, o que se reflexa nas fortes gadoupas que posúe e que podedes ver con detalle nunha das imaxes.