COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Alcedo atthis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alcedo atthis. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de septiembre de 2010

Martiño peixeiro en Pereiro de Aguiar.




Aínda que estas imaxes de martiño peixeiro (Alcedo atthis) non teñen a calidade das obtidas durante as xornadas de anelamento da Limia do mes pasado, teñen para min o valor de haber sido obtidas en total liberdade, e sendo testemuña da presencia da especie no encoro de Cachamuiña, pertencente ao concello de Pereiro de Aguiar.

A observación foi feita o pasado día 4 de setembro de 2010 na compaña de Rafa Vázquez, Vero e Noa.

viernes, 3 de septiembre de 2010

Martiño peixeiro en Sandiás.








O martiño peixeiro (Alcedo atthis) é un dos máis fermosos paxaros dos que voan por estas terras, é un feito de sobra coñecido que a bisbarra da Limia acolle unha importantísima poboación nidificante da especie, asentada principalmente nos concellos de A Porqueira, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos e Sandiás.

As imaxes amosan algúns dos exemplares capturados para anelamento polo anelador pontevedrés Emilio Martinez Sabarís en terreos do concello limiao de Sandiás durante os días 14 e 15 de agosto de 2010.

Nas imaxes, asemade, pódese apreciar con claridade a extrema beleza das cores da plumaxe dunha das aves tidas como bioindicador dos ríos europeos, estando protexida na maioría das terras nas que habita, debido á forte regresión que nos últimos tempos, sufriu a especie en gran parte da súa área de distribución.

lunes, 27 de julio de 2009

Martiño peixeiro no río Loña



Unha das máis claras evidencias da calidade que aínda conserva o río Loña en Ourense é a presenza do martiño peixeiro (Alcedo atthis), unha especie moi exixente en canto ós niveis de contaminación, o pasado 24 de xullo de 2009 foi atopado un exemplar desta especie en dito río, pousado nunha percha que usa habitialmente para ós seus lances á procura de alimento.