COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Paderne de Allariz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paderne de Allariz. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de diciembre de 2010

Cara a cara co gardafontes ibérico.



"A xuventude dun ser non se mide polos anos que ten, se non pola curiosidade que almacena"-Salvador Pániker (1927- ) Filósofo Catalán.

O gardafontes ibérico (Lissotriton boscai) é un frecuente anfibio urodelo da provincia de Ourense, de pequeno tamaño e endémico do cadrante accidental da Península ibérica, acada na nosa provincia altas densidades puntualmente, ao longo dunha distribución xeneralizada por toda a súa superficie.

Nas imaxes uns primeirísimos planos dun macho desta especie atopado o pasado día 6 de decembro nunha fonte do concello de Paderne de Allariz, na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeo.

O gardafontes ibérico mallor canto máis cerca!

martes, 14 de diciembre de 2010

O Gardafontes verde: Detalles.




"Mira duas veces para ver o exacto; mira unha soa vez para ver o fermoso"- Henri Frédéric Amiel (1821-18819- Filósofo e moralista suizo.

Nas imaxes aparece un macho de gardafontes verde (Triturus marmoratus), en fase acuática, atopado nunha fonte do concello de Paderne de Allariz o pasado día 6 de decembro de 2010, na compaña de MartiñoCabana e Anxos Romeu.

Nos detalles observaredes a beleza extrema deste anfibio ourensán, como é a franxa branca da cauda ou o xaspeado verde e negro do corpo.

Como unha imaxes vale máis que mil palabras, e xa levamos falado moito do gardafontes verde, deixovos tan só iso, imaxes...