COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Streptopelia decaocto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Streptopelia decaocto. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de noviembre de 2009

Rola turca en Ourense.






Imaxes de rola turca (Streptopelia decaocto) obtidas o pasado día 14 de novembro de 2009 na marxe esquerda do río Miño en Ourense, perto, ao lado mesmo das árbores hai unha zona invadida por Phitolacca americana.

lunes, 26 de octubre de 2009

Polo de rula turca recén emancipado en Vilar de Santos





Este polo de rula turca (Streptopelia decaocto) foi localizado o dia 24 de outubro de 2009, nunha das árbores ornamentais do Parque Empresarial da Santa Marta, no concello limiao de Vilar de Santos.

Cando se tomou a imaxe facía só un intre que o polo fora cebado por outro exemplar adulto, mostra dunha cría bastante tardía.

miércoles, 21 de octubre de 2009

Rula turca alimentándose dunha pranta exótica en Ourense.










Estas fotografías mostran varios exemplares de rula turca (Streptopelia decaocto), columbiforme que invadiu a provincia entre os anos 70 e 80 do pasado século, provinte do Leste do continente Europeo, alimentándose dos froitos dunha pranta exótica en Ourense perto do Tinteiro o día 18 de outubro de 2009.

A pranta en cuestión é Phitolacca americana, que como o seu propio nome indica, é orixinaria do continente americano, esta pranta atópase moi extendida pola comarca de Ourense, colonizando amplas zonas das ribeiras dos ríos e os solares en desuso da cidade, quizáis a alimentación de esta e outras especies de aves ten moito que ver coa súa expansión pola provincia.

miércoles, 25 de marzo de 2009

A rula turca, unha especie en expansión na provincia de Ourense




Se nos anos oitenta do pasado século a rula turca (Streptopelia decaocto) era unha especie prácticamente decoñecida na provincia, nidificando tan só en Xinzo de Limia, na actualidade esta especie está presente en tódalas vilas e cidades de importancia, mostrándose moito máis urbana que a súa parente migratoria a rula común (Streptopelia turtur) as fotografias proveñen de Vilar de Santos e Ourense, pero a especie xa está presene en vilas máis apartadas, como a Veiga ou Viana do Bolo.