COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Alauda arvensis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alauda arvensis. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de julio de 2010

Laverca en Sandiás.





Este exemplar de laverca común (Alauda arvensis) foi fotografado o pasado día 17 de xullo de 2010 nunha parcela sen cultivar do espazo natural das Areeiras da Limia en Sandiás.

A laverca común é un aláudido (tipo de paseriforme) moi frecuente nos entornos herbáceos e nos cultivos cerealísticos da provincia, é común como nidificante e gregaria no inverno, cando Ourense recive un certo número de exemplares invernantes provintes do resto do continente europeo, na bisbarra da Limia prodúcense durante ese período importantes concentracións da especie.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Lavercas en voo na Limia.





Estamos na época propicia para disfrutar ca oservación das grandes concentracións de paseriformes na bisbarra da Limia.

Nestas imaxes aprécianse diversos exemplares de laverca (Alauda arvensis) en voo, nunha zona agrícola do concello de Vilar de Santos, o día 7 de decembro de 2009.