COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Buteo buteo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Buteo buteo. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de enero de 2010

Un buxato nun cruceiro.






Parece ser que o patrimonio monumental Galega ten algunha aplicación pouco coñecida, ben é sabido o costume que teñen os buxatos (Buteo buteo) de usar pousadoiros, en ocasións bastante notorios.

Durante o día 10 de xaneiro de 2010, Anxos Romeu, Martiño Cabana e máis eu, puidemos comprovar como un exemplar desta especie utilizaba como pousadoiro un cruceiro sito nas Veigas de Ponteliñares, en Rairiz de Veiga, durante a observación este exemplar foi expulsado por outro exemplar da mesma especie que pasou a ocupar o seu lugar.

Este cruceiro ten tras de sí a triste historia de marcar un dos puntos de fusilamento utilizados nesta parte da bisbarra da Limia, durante a Guerra Civil e a Posguerra, aledémonos que esta sexa a única violencia que volte a ver este cruceiro...

martes, 22 de septiembre de 2009

Buxato nun tellado da Limia.






O día 19 de setembro foi localizado un buxato común (Buteo buteo) que estaba a utilizar como pousadoiro o tellado dunha casa do pobo de Vilar de Santos, na bisbarra da Limia.

viernes, 14 de agosto de 2009

Buxato en Pereiro de Aguiar






Fotos dun buxato adulto (Buteo buteo) mudando de plumaxe, vexase que lle faltan moitas.., perto de Monterrei no Pereiro de Aguiar, o día 13 de agosto de 2009.

martes, 11 de agosto de 2009

jueves, 6 de agosto de 2009

miércoles, 25 de marzo de 2009

Buxato común morto por colisión en Ourense.




Este exemplar de buxato común (Buteo buteo) foi atopado perto de Vilar de Astres, no concello de Ourense, a carón dunha torreta de alta tensión, que con toda provabilidade foi a causante da morte do buxato, ó colisionar con ela e electrocutarse, este é un serio problema que afecta sobretodo ás aves planadoras. As fotografías foron optidas o día 17 de Xullo de 2008, a primeira fotografía corresponde a outro exemplar atopado a carón do encoro de Castadón, morto nas mesmas circunstancias, o día 10 de Xaneiro de 2003.