COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Vilar de barrio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vilar de barrio. Mostrar todas las entradas

sábado, 13 de septiembre de 2014

Participa no encontro de Soberanía Alimentaria en As Corcerizas!‏

 

ENCONTRO DE SOBERANÍA ALIMENTARIA
ALTERNATIVAS LOCAIS PARA UN CAMBIO GLOBAL

Amigos da Terra convídavos a participar nun encontro do 26 ao 28 de setembro, no que pretendemos construir pontes entre a xente e os seus alimentos

A relación que temos cos alimentos e a forma na que os producimos está sometida a presións crecentes. Como resultado, a agricultura a pequena escala está sendo reemplazada por unha a gran escala, creada por agro-empresas transnacionais.
AGRO-INDUSTRIA E REPERCUSIÓNS SOBRE O MEDIO E COMUNIDADES: con Blanca Ruibal-Amigos de la Tierra:
  • Quén se beneficia cos transxénicos? Unha industria baseada en mitos
  • Acaparamento de terras: casos exemplo de Liberia e Indonesia
  • Os tratados de libre comercio: o novo asalto da globalización económica
DA HORTA AO PRATO. Obradoiro de Cociña EcoLóxica Local: alternativas prácticas para un cambio global. Con Gloria Domecq, especialista en cociña natural. Outros temas que trataremos:
  • Obradoiro de autoprodución de setas
  • Os "Alimentos Quilométricos"
  • O despilfarro alimentario
Participa!
 
Límite de inscrición:
23 de setembro; prazas limitadas!
Máis información:
www.ascorcerizas.com/info@ascorcerizas.com
ou contactando no 986 229 089, local de Amigos da Terra en Vigo.


sábado, 6 de septiembre de 2014

O gato bravo en Ourense.

O gato bravo (Felis sylvestris) é na actualidade o único felino salvaxe con presencia confirmada na nosa provincia. Pese ao que poida parecer non é o antecesor do gato domestico (Felis catus) que ten a súa orixe na especie africana (Felis lybica).

O gato montés ou bravo é de mairo tamaño, máis corpulento e peludo que o gato doméstico atigrado, ademáis o primeiro posúe unha cola grosa, de punta redondeada, namentres que o doméstico ten a punta do rabo apuntada.

Antano máis común é pouco o que se sabe da distribución actual da especie en Ourense, que parece restrinxida ás zonas montañosas centro-orientais. As súas costumes discretas e a fácil confusión co gato doméstico fan desta especie un dos mamíferos peor coñecidos da provincia.

O pasado día 24 de agosto de 2014 topeime con este gato no medio dunha zona montañosa das estribacións da serra de San Mamede perto da confluencia dos concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia. Ao meu parecer debe tratarse dun exemplar cimarrón (asilvestrado) de gato doméstico. Pero a súa imaxe fíxome lembrarme do seu parente o gato bravo, e usar esta escusa para presentarvos ao último tigre que nos queda en Ourense.

Un dos problemas de conservación (non contrastado en tódalas áreas habitadas pola especie silvestre), parece ser a hibridación do gato bravo co seu parente doméstico. Este problema parece ser importante en áreas das illas Británicas nomo Escocia.


e si de verdade este gato limiao fose un gato bravo...?












jueves, 4 de septiembre de 2014

Coñece o bidueiral de Montederramo cos Amigos da Terra.

Coñece o Bidueiral de Montederramo!

Amigos da Terra convídavos a fin de semana do 13-14 de setembro, a participar nun roteiro guiado pola "fraga das damas brancas", o bosque de bidueiros mellor conservado de Galicia


Sábado - 10.30h. Saída ao Bidueiral de Montederramo: ruta guiada polo bosque; identificando as especies autóctonas, os seus usos mediciñais e o alto valor ecolóxico do espazo. Xantar de campo, coa volta prevista para as 19.30h. en As Corcerizas.
Domingo - 10.30h. Visita As Corcerizas e voluntariado: unha oportunidade de coñecer os recursos do centro ou participar nunha acción conxunta para a mellora ambiental do entorno. Fin da actividade ás 13.30h.,abertas as instalacións ata 17.30h.
 
 
As actividades son de balde
Podes apuntarte só ao roteiro ou á fin de semana completa:
ALOXAMENTO - 15 € a noite no albergue
ALIMENTACIÓN- por conta das participantes:
- Sábado levar xantar de campo; posibilidade de cea compartida
- Domingo almorzo e xantar opcional
Prazas limitadas, por orde de inscrición;terán prioridade as socias de Amigos da Terra
 
Actívate na defensa do medio ambiente!
 MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
Amigos da Terra en Vigo: 986 229 089
info@ascorcerizas.com

www.ascorcerizas.com

www.facebook.com/Ascorcerizas
 
 

sábado, 31 de agosto de 2013

Voluntariado de Amigos da Terra no centro ambiental de As Corcerizas.

Un grupo de activistas da asociación ecoloxista Amigos da Terra organiza a vindeira fin de semana, dende o 6 ata o 8 de setembro unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas, na serra de San Mamede: recollida de leña, limpeza do monte, protección de árbores, e para completala xornada conpartindo experiencias, organizaráse un cursillo de auto cultivo de setas.

O aloxamento no albergue será gratuito, así como o almorzo. Os participantes terán que levar a comida do sábado e o domíngo, asi como unhas verdurillas para a cea do sábado, co fin de acompañar a pasta e o arroz que porá a asociación.

A chagada será o venres ás 18:00 h e a saída o domingo pola tarde.

Se queredes participar nesta actividade debedes enviar un correo ou chamar por telf á oficina da asociación en Ourense.

correo: www.voluntariado.galicia@amigosdaterra.net 

teléfono: 988 374 318

Ahí xa contactarán con vós para ultimar detalles.



 


miércoles, 20 de julio de 2011

Estrelliña dos piñeiros: o pequeno habitante da serra.



A estreliña dos piñeiros (Regulus regulus) é un dos máis pequenos paxaros que voan no continente europeo, competindo por tal título co seu cercano parente, a estreliña riscada (Regulus ignicapillus) e coa carriza (Troglodytes troglodytes).



Até hai tan só unhas décadas moi poucos puntos da xeografía galaica contaban coa presenza desta curiosa especie, sen embargo o aumento da superficie forestal repoboada con piñeiros silvestres (Pinus sylvestris) fixo que pouco a pouco a súa presenza se afianzase, criando hoxe en día en numerosas serrras da Galiza.

Na nosa provincia a especie está presente nas serras limítrofes coas proivincias de Zamora, Pontevedra e Lugo, así como coas fronteirizas con Portugal (Serra do Xurés), onde se confirmou a cría por primeira vez na nosa provincia. Ademáis na actualidade sabemos a súa presenza consolidada nas serras que compoñen o mazizo central e as súas estribacións.

Durante o inverno, a estreliña dos piñeiros realiza movimentos nómadas e irruptivos, polo que pode aparecer noutros puntos, normalmente asociado a bandos mixtos de páridos e estreliñas.

Habitualmente, durante a época de nidificación, a especie aparece fortemente asociada ás plantacións de piñeiro silvestre de media e alta montaña, por riba dos 800 m, aínda que ocasionalmente pode atoparse criando a altitudes inferiores.

viernes, 15 de julio de 2011

Cuco na serra de San Mamede.






Dicía a miúdo a miña avoa materna, asturiana de nacimento e galega de adopción, un refrán curioso que facía referencia á unha especie de ave, moi popular tanto polo seu reclamo como, sobre todo polo seu comportamento reproductivo, o cuco (Cuculus canorus).

Dicía a miña avoa: "soy de la opinión del cuco, paxarín que nunca anida, pon en huevu en nido ajeno y otru paxaro lu cría".

O cuco é unha ave migradora que pasa o inverno en África para chegar na primavera a críar no continente europeo. Unha vez chega os cucos macho enchen os nosos campos e montes co seu reclamo, o coñecido Cuu.Cuu. Unha das características máis peculiares desta especié a o seu comportamento reproductivo, xa que se trata dunha ave parásita.

Cando chega o momento de por os ovos, a femia pescuda niños doutras especies onde por os ovos para que sexan esas especies as que críen os seus polos. As femias de cuco son capaces de por ovos que imitan case á perfección o deseño cromático dos ovos da especie parasitada. Cando o polo de cuco nace, aínda sen prumas, pode tirar do niño aos ovos e polos xa nados da especie parasitada. aínda que en ocaións pode convivir cos seus irmás adoptivos, que de todos os xeitos estarán en condicións desfavorables perante ao irmán adptivo. Normalmente de maior tamaño que eles e con maiores requerimentos alimenticios.

Os cucos adultos aliméntanse sobre todo de eirugas, este feito pon de manifesto a importancia desta especie para o control de pragas como a da procesionaria do piñeiro.

As imaxes amosan un cuco macho fotografado no mes de xuño na Serra de San Mamede.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Rato toupeiro en Vilar de Barrio.




"Acepta-la nosa vulnerabilidade en troques de tratar de ocultala é a mellor maneira de adaptarse á realidade"-David Viscott (1938-1996)- Psiquiatra estadounidense.

Os ratos toupeiros son roedores de hábitos semisoterráneos da familia dos arvicolinos, "rato toupeiro" é o nome que se lle dá a esta caste de roedores na bisbarra da Limia, sen embargo, noutros puntos de Galiza son coñecidos co nome de "cortas" ou "trilladeiras".

Na imaxe aparece un rato toupeiro dos prados-Trilladeira dos prados (Microtus agrestis), coñecida polos veciños portugueses co suxerente nome de rato-do-campo-de-rabo-curto, e polos veciños casteláns como topillo agrestre.

No congreso ibérico de aguiluchos, recentemente celebrado en Allariz, púxose de manifesto a importancia trascendental que as poboacións de ratos tompeiros teñen para estas aves rapaces, e para o éxito da súa cría, xa que forman a base da súa alimentación.

Microtus agrestis distribúese de forma abondosa por gran parte da provincia, aínda que, ao parecer, presenta certos requerimentos "atlánticos, polo que debe de estar ausente ou ser moi escaso nas bisbarras máis mediterráneas.

Na imaxe aparece un exemplar atopado o pasado día 6 de decembro de 2010 en Vilar de Barrio, depredado por un gato doméstico, pero aínda vivo, na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeu.


viernes, 10 de diciembre de 2010

A rá da veiga, no corazón de Ourense.





"Comprende-la beleza significa poseela"-Wilhelm Lübke (1826-1893)- Político alemán.

A rá da veiga (Discoglossus galganoi), é un anfibio anuro endémico da Península Ibérica, na provincia de Ourense presenta unha distribución moi irregular, aínda que pode chegar a ser localmente frecuente.

Nestes días de outono atópase inmersa en pleno período reproductor, polo que pode chegar a percorrer considerables distancias para acudir aos seus puntos de reproducción, para elo pode cruzar camiños e estradas moi transitadas, polo que está moi exposto a perecer atropelado nalgunha das súas aventuras nocturnas.

Nas imaxe aparecen dous exemplares atopados nos concellos de Baños de Molgas e Vilar de Barrio, situdados no centro da provincia, ou o que é o mesmo, no corazón de Ourense, o pasado día 6 de decembro de 2010, na compaña dos colegas Anxos Romeo e Martiño Cabana.

viernes, 1 de octubre de 2010

Cobra lagarteira europea nas Corcerizas.






A cobra lagarteira europea ou común (Coronella austriaca) é, como vos comentei recentemente, un oficio escaso e localizado na provincia de ourense, aínda así puidenvos ofrecer xa dous exemplares nas últimas duas semanas, toda unha sorte, xa que era un réptil que se me resistía.

O exemplar que vedes nas imaxes apareceu durante as labouras de reparación da balsa de depuración de augas residuais das Corcerizas, o pasado día 24 de setembro de 2010, ao cabar e remobelas pedras que rodeaban a charca.

As cobras do xénero Coronella, reciven o nome de lagarteiras pola súa alimentación, composta maioritariamente por seres de sangre fría, como por exemplo lagartos e lagartiñas.

Lagartiñas galegas nas Corcerizas.















Outra das especies que atopamos durante as tarefas de reparación da xa mencionada balsa foi a lagartiña galega (Podarcis bocagei), trátase dun lacértido endémico do cadrante noroccidental ibérico, de ahí o seu nome.

Nas imaxes aparecen un macho e unha femia grábida deste especie, o exemplar raiado. Dise que unha femia de réptil está grabida cando está a piques de por os ovos, esta acumulación de ovos fai que as femias teñan un aspecto máis "rechoncho" do habitual.

Algunhas especies de réptiles, entre elas a Podarcis bocagei, fan postas duas veces ao ano, unha na primavera e outra no outono.

Rá da Veiga nas Corcerizas.








A rá da veiga (Discoglossus galganoi), tamén coñecida como papiño pinto ou raxado, é un endemismo ibérico. En tempos abondoso, a alteración do seu hábitat, unido ao declive xeneralizado das poboacións de anbibios que o cambio climático parece estar provocando, fai desta especie, unha especie escasa na actualidade na provincia de Ourense.

Durante a reparación da balsa da que vos falei anteriormente, fixemos un rescate previo das especies de hérpetos (anfibios e réptiles) que habitan tanto na masa de auga como nas pedras circundantes que tiveron que ser movidas.

Na balsa de auga atopamos un gran número de rás da veiga (Discoglossus galganoi) que foron trasladadas á balsa que non tivo que ser reparada.

A rá da veiga posúe duas variedades cromáticas, que poden aparecer dentro da misma poboación en porcentaxes variables, neste caso a maioría eran da forma manchada, que posúe manchas máis ou menos circulares e máis escuras, sobre a cor xeral do exemplar que é parda, a outra variedade cromática, da que atopamos dous exemplares, posúe unha franxa lonxitudinal parda clara dende o fuciño ata a parte posterior do corpo.

Nas imaxes que acompañan este post, optidas os pasados días 17 e 18 de setembro de 2010, podedes apreciar parte dos exemplares atopados, así como as dúas variadades cromáticas que vos acabo de comentar.