COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Milvus migrans. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Milvus migrans. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de julio de 2010

Miñato queimado nas Areeiras da Limia













O pasado día 11 de xullo de 2010 foron observadas tres exemplares de miñato queimado (Milvus migrans) nas areeiras da Limia, no concello limiao de Sandiás, un dos cales é o que aparece nas imaxes.

O miñato queimado transformouse nos últimos tempos, nunha das aves rapaces máis frecuentes da provincia, quizáis axudado pola proliferación de certas especies de peixes introducidas, como por exemplo a carpa (Ciprinus carpio).

martes, 11 de agosto de 2009

Miñato queimado na Limia



Miñato queimado (Milvus migrans) fotografado nas areeiras da Limia en Sandiás o 9 de agosto de 2009.

Esta ave rapaz en proceso de expansión na provincia, estase a convertir nunha das aves de presa máis frecuentes de Ourense.

sábado, 1 de agosto de 2009

Miñato queimado en Ourense





Este miñato queimado (Milvus milvus) andava á procura de pitanza río Miño arriba e abaixo perto da Chavasqueira e o Tinteiro, dende logo este 31 de xullo está dando moito de si.

viernes, 20 de marzo de 2009

Miñato queimado atacado por corvos pequenos en Ourense











O día 5 de agosto de 2008 foi observado un miñato queimado (Milvus migrans) sobrevoando o monte do cuco, en terreos pertencentes ó concello de Ourense, o exemplar en cuestión sobrevoou tatén uns penedos nos que estavan pousados varios corvos pequenos (Corvus corone) posiblemente un grupo familiar pois esta especie nidifica na zona, o ocorrir esto un dos corvos dirixiu un fulmimnante ataque ó miñato, por si isto fora pouco, outro dos corvos respaldou o ataque do primeiro, ata que o miñato abandonou a zona.

sábado, 7 de marzo de 2009

Primeiro miñato queimado da tempada en Cachamuiña



O 7 de marzal de 2009 foi observado o primeiro miñato queimado (Milvus migrans) da tempada, o exemplar foi localizado a carón do encoro de Cachamuiña en Pereiro de Aguiar, zona que ven sido ocupada por unha parella reproductora dende hai anos.