COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Corvus monedula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Corvus monedula. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de febrero de 2013

A gralla pequena, a ave do ano 2013.

A Sociedade Galega de Ornitoloxía ven de elixi-la gralla pequena (Corvus monedula) como a "Ave do ano" para o presente 2013. Dito galardón é unha escolleita habitual nas asociaciópns ecoloxistas para chamala atención sobre a situación dunha especie en concreto, ben sexa pola súa escaseza, por que se veña detectando unha acusada diminución nas súas poboacións, ou por que sexa unha especie pouco coñecida no ámbito territorial desa asociación.

A gralla pequena ou corvo cereixeiro, é unha pequena especie de córvido de hábitos rupícolas e urbanos. En Ourense pode chegar a ser localmente frecuente, pero non parece que estexa especiealmente extendida, tendo sufrido extincións locais nos derradeiros anos, como parece ter acontecido en Montederramo.

Na actualidade a especie mantén poboacións de interese na bisbarra de Monterrei, na Limia (principalmente nas áreas cercanas á vila de Xinzo de Limia), en Valdeorras (no Parque Natural da serra da Enciña da Lastra). Ademáis nos derradeiros tempos ten aparecido na área metropolitana ourensá (capital da provincia) un pequeno continxente de exemplares que ten chegado a críar (1 parella polo menos hai uns anos) e que fai expedicións por concellos da veciñanza.



Nas imaxes unhas cantas grallas pequenas nunha área agrícola e gandeira do concello limiao de Sandiás fotografadas o pasado día 17 de febreiro de 2013.

domingo, 1 de mayo de 2011

Gralla cereixeira na Limia.





A gralla cereixeira (Corvus monedula), tamén coñecida coma corvo cereixeiro, é un córvido de distribución escasa na provincia de Ourense, aínda que pode chegar a ser localmente frecuente, pola súa tendencia colonial e ao gregarismo. Así, nas zonas ourensás habitadas pola especie, pode dar a impresión de ser un ave abundante.

Pero a súa distribución xerál está bastante restrinxida, no caso da nosa provincia, a gralla ceireixeira está presente nas grandes depresións fluviais. Así podemos atopar a este curioso córvido nas bisbarras de Monterrei (Val do Támega), A Limia, A Depresión Ourensá e Valdeorras.

No tocante á bisbarra da Limia, a especie asentouse nas derradeiras dúas décadas, sen que se saiban, de momento, a orixe dos exemplares desta incipente colonia. Asentada nun principio na vila cabeceira da comarca, Xinzo de Limia, o número de exemplares foi medrando exponencialmente, a pesar da certa presión cinexética e da persecución por parte da administración, materializada na destrucción sistemática dos durmideiros da especie situados na Vila. a pesar de todo a especie está xa presente alomenos nos concellos limiaos de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos e na parte limiá de Xunqueira de Ambía.

As imaxes, optidas en terreos da bisbarra da Limia, na compaña de Diego Rodríguez Viéites e a súa moza o pasado día 23 de abril de 2011, amosan un exemplar desta singular especie pousado nun poste da luz en terreos da tristemente desaparecida Lagoa de Antela.

martes, 28 de septiembre de 2010

Grallas pequenas na Limia.





O pasado día 18 de setembro de 2010, o compañeiro Xosé Ramón Reigada e máis eu, atopamos este bando duns 60 exemplares de gralla pequena (Corvus monedula), nunha explotación de gando equino do concello limiao de Xinzo de Limia.

A gralla pequena é un paxaro da familia dos córvidos, escaso en Galicia, trátase dunha ave colonial, polo que aínda que a súa distribución é moi localizada, podemóla atopar formando grupos bastante numerosos.

Na provincia de Ourense a especie aparece nas bisbarras da Limia, Monterrei e Valdeorras, ademáis recentes rexistros parecen indicar o seu asentamento na cidade de Ourense e o seu entorno máis inmediato.