COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Oriolus oriolus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oriolus oriolus. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de septiembre de 2010

Papafigos en Monterrei.




O papafigos ou ouriolo (Oriolus oriolus) semella ser unha especie frecuente no concello de Monterrei, onde, como o seu propio nome indica, é habitual velo papando figos nas hortas da zona.

Nas imaxes podedes apreciar unha femia desta especie capturada para anelamento polo anelador Pablo A. Sanmartín en terreos do mencionado concello o pasado día 9 de setembro de 2010.

As femias dos papafigos, así como os exemplares novos, son de tons verdosas, pola contra oa machos desta especie, destacan pola contraste da cor amarela do corpo e a as ás negras.

lunes, 2 de agosto de 2010

Ouriolo en Riós.


O ouriolo (Oriolus oriolus) é unha ave paseriforme moi popular en Ourense. Froito dese coñecimento que os ourensáns teñen desta ave son os numerosos vernáculos que posúe na nosa provincia, como vichelocrego ou papafigos, nomes que descriven o canto e costumes do paxaro.

O exemplar que vedes na imaxe foi localizado perto do pobo de Castrelo de Abaixo, no concello de Riós, nunha xornada de "bicheo" cos compañeiros Xosé Ramón Reigada, Rafa Vázquez e Vero, o pasado día 25 de xullo de 2010.

O ouriolo segue a mostar importantes poboacións na nosa provincia, estando presente na maioría das bisbarras ourensás, feito que contrasta ca situación que a especie parece estar atravesando noutros puntos de Galicia, onde se veñen detectanto fortes regresións poboacionais e mesmo extincións locais.