COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Anthus spinoletta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anthus spinoletta. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de enero de 2010

Centos de Picas Alpinas nas Veigas de Ponteliñares.






O pasado día 3 de xaneiro de 2010, foi detectada unha gran concentración de picas alpinas (Anthus spinoletta) no espazo natural coñecido como As Veigas de Ponteliñares, situadas na marxe dereita do río Limia, en terreos do concello de Rairiz de Veiga.

A presenza da especie foi detectada durante un traxecto de tres kilómetros a través da chaira herbácea asulagadiza das veigas, estimouse un total de 150-200 indivíduos desta especie divididos en grupos de 10 e hasta 30 exemplares, que voaban na procura de alimento, levantando grupos de esta entidade a cada paso.

As concentracións a este nivel para especie son ao parecer pouco frecuentes, o que pon de manifesto a importancia deste espazo natural, incluído na ZEPA da Limia, non só para as limícolas senón tamén para os paseriformes asociados a este tipo de hábitat.

viernes, 11 de diciembre de 2009

Pica alpina en Rairiz de Veiga.





Este exemplar de pica alpina (Anthus spinoletta) atopábase alimentando nunha leira do núcleo mesmo de Rairiz de Veiga, o día 8 de decembro de 2009, integrado nun gran grupo de alimentación de paseriformes composto por varias especies.

martes, 6 de octubre de 2009

Pica patinegra nas areeiras da Limia.



A pica patinegra (Anthus spinoletta) é un paxaro emparentado cas lavandeiras que cría localmente nos puntos máis altos da provincia de Ourense, aínda que durante o inverno e o paso migratorio a especie pode localizarse máis facilmente debido á entrada de aves do resto do continente europeo, o día 3 de outubro de 2009 , dous exemplares desta especie foron localizados nas areeiras da Limia (Sandiás).