COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Dendrocopus major. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dendrocopus major. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2015

Picatorneiros mallado en Ourense.

"Picatorneiros" é un nome vernáculo xenérico para referirse aos paxaros carpinteiros na provincia de Ourense, onde tamén se escoitan nomes coma "pito", "peto", "picapau", etc.

No caso que nos ocupa referímonos a unha das especies más frecuentes nas fragas e masas forestais da provincia o picatorneiro mallado grande (Dendrocopos major). Amplamente distribuído pala maior parte da superficie da provincia, tamén podemos atopar outra especie emparentada con este o picatorneiros mallado pequeno (Dendrocopos minor) de distribución moito máis localizada e restrinxida. E tamén de menos tamaño, apenas o tamaño dun pardal.

O picatorneiros mallado grande habita en masas forestais, e a política forestal de repoboación con coníferas nas serras ourensás, favoreceu, e moito a esta especie especialmente.

Asemade podemos atopar esta especie, de maneira ocasional, en parques de cidades e vilas da provincia.

Nas imaxes, un exemplar atopado na ribeira do treito máis urbán do río Miño na cidade Ourense, hábitat onde a especie é moi frecuente noámbito local.

















lunes, 1 de febrero de 2010

Érase unha vez un picatorneiros amigo dus cardeais...








En ocasións nas nosas saídas ao campo podemos atoparnos con curiosas asociacións entre especies que en principio no teñen nada que ver entre sí. Así o pasado 23 de xaneiro de 2010, foi atopado en terreos do concello de Boborás, un exemplar de picatorneiros (Dendrocopos major) asociado a un pequeno bando de Cardeais (Pyrrhula pyrrhula), cando o bando se desplazaba, o paxaro carpinteiro tamén o facía, curioso...ben curioso....

martes, 29 de diciembre de 2009

Picatorneiros nas areeiras da Limia.



Xa vos teño comentado que picatorneiros é o nome xenérico co que nalgúns puntos da Limia coñecen aos petos, neste caso temos nas imaxes un Dendrocopos major, unha especie frecuente en case toda a provincia.

Estas imaxes foron obtidas o pasado día 27 de decembro de 2009 nas areeiras da Limia en Sandiás.