COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Ficedula hypoleuca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ficedula hypoleuca. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de septiembre de 2014

Papamoscas negro y gris en Ourense

Unha das aves máis frecuentes do paso postnupcial é sin dúbida o papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), que durante os meses de setembro e outubro faise omnipresente na nosa provincia de Ourense. Parece nestes días que non hai un recuncho no que non voe o papamoscas ou o seu parente o papamoscas gris (Muscicapa striata) do que falamos recentemente e que se presenta menos abondoso.

Nas primeiras imaxes un papamoscas negro fotografado no barrio do Vinteún, nas catro últimas e con tupé a lo "Elvis" estriado un papamoscas gris fotografado en Santa Cruz de Arrabaldo nos pasados días.











domingo, 13 de octubre de 2013

Papamoscas negro en Laias.

Laias é un pequeno pobo do concello ourensán de Cenlle situado á beira do río Miño, e moi coñecido polas súas augas termais e o seu balneario.

Fai unhas xornadas falabamos do paso de certas aves paseriformes pola nosa provincia, entre elas os papamoscas, neste caso atopámonos perante o papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), un dos paseriformes máis frecuentes do paso postnupcial na provincia.

O exemplar en cuestión foi fotografado o pasado día 19 de setembro a carón do río Miño en Laias.


martes, 22 de septiembre de 2009

Papamoscas negros na Limia









O paso migratorio postnupcial do papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) na provincia continúa, como testemuñan estas fotografías dos días 19 e 20 de setembro de 2009, na bisbarra da Limia.

lunes, 14 de septiembre de 2009

Papamoscas negros invaden a provincia de Ourense.






Nestes días de setembro, a causa do paso postnupcial, o papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) transformouse nunha das aves máis frecuentes da provincia, nestas fotografías podedes ves exemplares de distintos concellos de Ourense, coma San Amaro, Muiños, Vilar de Santos ou Sandiás, con todas as fotografías realizadas entre os días 11 e 13 de setembro de 2009.

jueves, 20 de agosto de 2009

Comeza o paso dos papamoscas negros en Ourense





Xa dende hai uns días vense estes pequenos paxaros en paso migratorio, pero agora xa son realmente frecuentes na comarca de Ourense.

Aínda que hai contados casos de nidificación de papamoscas negros (Ficedula hypoleuca) na provincia, trátase dunha especie que se presenta de xeito moi abundante durante os pasos migratorios, sobretodo durante o paso postnupcial, que ocorre despois da cría.