COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Pereiro de Aguiar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pereiro de Aguiar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de septiembre de 2014

I Xornadas Herpetolóxicas de Outono na Aula da Natureza do río Miño.

O próximo sábado día 27 de setembro de 2014, e incluídas nas actividades do décimo aniversario da Aula da Natureza do río Miño, organizaránse as primeiras xornadas herpetolóxicas de Outono. Estas xornadas pescudan informar sobre aquelas especies de anfibios e réptiles que teñen a sua época reproductora nesta estación, así como a problemática ás que se enfrontan despois dos diferentes episodios de contaminación e introducción de especies alóctonas no seu hábitat.

Visitaremos o encoro de Cahanamuiña (Pereiro de Aguiar) e o seu entorno, onde atoparemos unha mezcla de hábitats idónea para estudar a un tempo as especies acuáticas e de mato.

Agárdovos o próximo sábado ás dez da mañá na Aula da Naturaza do Río Miño en Oira.




lunes, 15 de septiembre de 2014

Lagarto arnal no Pereiro de Aguiar.

Ao lagarto arnal (Timon lepidus), o maior dos nosos lacértidos, chamámoslle polas terras ourensás "lagarto arnao".

Nas imaxes, optidas o pasado día 11 de setembro en terreos do concello do Pereiro de Aguiar, poderedes apreciar tanto exemplares xuveniles (escuros con pintas craras) como adultos (verdosos e con pintas azuis).

Nestes días prodúcense por estas terras multitude de nacimentos de pequenos réptiles, que se apuran a comer insectos para estar preparados por si o inverno que ven fora moi frío, e houbera que alarga-lo letargo invernal máis da conta.

O lagarto arnal atópase ben distribuido na nosa provincia, aínda que evita as zonas máis urbanizadas do centro das vilas e cidades. En tempos moi perseguido (incluso para o consumo humano), hoxe en día os principais problemas aos que se enfronta a especie son os atropelos nas estradas e a alteración do seu hábitat natural.



















viernes, 12 de septiembre de 2014

Curroxo negro en Cachamuíña.

Moitas veces os naturalistas cometemos o erro de non facerlle o suficiente caso a aquelas especies máis comúns, grave erro, por que no caso que as poboacións destas especies comecen a ter algún problema, tardaremos máis en darnos conta, e polo tanto poder actuar.

Unha desas especies abondosas, ás que lle vai ben, principalmente debido a que conqueriu adaptarse ao hábitat que forman as nosas vials e cidades, é o curroxo común ou negro (Phoenicurus ochruros).

O curroxo é unha especie insectívora e abondosa, tanto nas vilas pobos e cidades da provincia, como en hortas e cumios ou penedos dos nosos montes, estando presente en tódalas cotas de altitude de Ourense. É frecuente escoitar o canto desta especie pola noito dende os tellados das nosas casas. Agardemos que o curroxo ou rabirrubio, continúa aledando as noites urbanas e rurais das casas ourensás durante moito tempo.

Nas imaxes obsérvase un polo voantón, que aínda reclamaba comida aos pais, localizado no encoro de Cachamuiña, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar o pasado día 23 de agosto de 2014.







 


domingo, 31 de agosto de 2014

Pedreiro cincento no encoro de Cachamuiña.

Como dixemos anteriormente, nestes días está escomezando o paso postnupcial para certas especies de aves. Este feito permitiranos ver aves doutras latitudes e añtitudes, en lugares de repouso. Unha destas aves é o pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe).

Aínda que a nosa provincia posúe unha pequena poboación nidificante desta especie, asentada xeralmente en alturas superiores aos 800 metros, é durante os pasos cando se observa a especie con maior frecuencia e facilidade, aínda así, na Depresión Ourensá, a especie é escasa incluso durante as pasaxes, sendo o encoro de Cachamuiña no Pereiro de Aguiar, un dos escasos lugares onde a especie se deixa ver, dentro da comarca da capital da provincia.

Nas imaxes, dous exemplares atopados en dito lugar o pasado 23 de agosto de 2014, e que estaban dando boa conta dos xuveniles de lagartixa (Podarcis sp) que estes días acaban de nacer, un curioso comportamento, xa que eu coidaba que eran exclusivamente insectívoros, vese que son máis oportunistas do que eu pensaba.





















sábado, 30 de agosto de 2014

Arieiro grande no encoro de Cachamuiña.

O arieiro grande (ou píllara) (Charadrius hiaticula) é unha ave limícola que parece en pequeno número durante os pasos migratorios, principalmente durante o paso postnupcial, que é o que nestes días está tendo lugar, e no que as aves migradoras se despazan entre os seus lugares de cría no Norte e os seus cuarteis de invernada máis ao Sur.

Durante estes longos desprazamentos, de cando en vez, hai que repor forzas, parando nalgún lugar para alimentarse, e así poder continuar a viaxe.

O arieiro grande das imaxes, fotografado o pasado día 23 de agosto de 2014, decidiu que o lugar apropiado para repor forzas era o encoro de Cachamuiña, situado no concello de Pereiro de Aguiar, e do que, a veces, se abastece de auga potable a cidade de Ourense.

Parte deste encoro posúe unha área lamacenta, que é apropiada para a observación de aves limícolas durante os pasos migratorios, sempre en números moi reducidos.