COLEGAS

lunes, 15 de septiembre de 2014

Lagarto arnal no Pereiro de Aguiar.

Ao lagarto arnal (Timon lepidus), o maior dos nosos lacértidos, chamámoslle polas terras ourensás "lagarto arnao".

Nas imaxes, optidas o pasado día 11 de setembro en terreos do concello do Pereiro de Aguiar, poderedes apreciar tanto exemplares xuveniles (escuros con pintas craras) como adultos (verdosos e con pintas azuis).

Nestes días prodúcense por estas terras multitude de nacimentos de pequenos réptiles, que se apuran a comer insectos para estar preparados por si o inverno que ven fora moi frío, e houbera que alarga-lo letargo invernal máis da conta.

O lagarto arnal atópase ben distribuido na nosa provincia, aínda que evita as zonas máis urbanizadas do centro das vilas e cidades. En tempos moi perseguido (incluso para o consumo humano), hoxe en día os principais problemas aos que se enfronta a especie son os atropelos nas estradas e a alteración do seu hábitat natural.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario