COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Gasterosteus gymnurus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gasterosteus gymnurus. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Espiñentos nunha fonte do concello de Baltar.


Un dos problemas aos que se teñen que enfrontar os nosos anfibios, por si tiveran poucos, é a introducción sistemática de peixes nos seus lugares de cría, como pilóns, fontes ou depósitos de auga.

Esta costume, moi extendida nos últimos tempos, pode significar a extinción de poboacións enteiras de anfibios, xa que estes peixes depredan sobre as postas e os adultos canto estes se dirixen a estes puntos aillados de auga durante a época reproductora.

A estes puntos de auga aillados os peixes nunca chegarían sin que a propia man do home os levara.

Na imaxe aparecen uns cantos espiñentos (Gasterosteus gymnurus) atopados nunha fonte do concello limiao de Baltar, fonte que estaba colapsada por esta especie e que carecía por completo de anfibios.

Curiosamente o espiñento é, en xeral, unha especie escasa, calificada como vulnerable no catálogo nacional de especies ameazadas; quizáis a solución pasaría por trasladar estes espiñentos a un lugar máis axeitado.

viernes, 11 de junio de 2010

Os espiñentos que vivían con fósiles viventes.


En ocasións a natuteza sorpréndenos con curiosas comunidades animais, este é o caso dunhas charcas do concello de Rairiz de Veiga onde podemos atopar ao espiñento (Gasterosteus gymnurus) convivindo con este curioso crustáceo que tamén aparece nas imaxes o Lepidurus apus, un ser que leva sobre a face do planeta dende o período Triásico (uns 300 millóns de anos nos contemplan dende esa criatura con forma de culler...) curiosa, moi curiosa convivencia dunha especie que aparece como vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas e un tesouro faunístico que carece por completo de protección.


Estas imaxes optidas na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeu o pasado día 23 de maio de 2010 poñen de manifesto o descoñecido da nosa fauna e a necesidade da súa conservación.

viernes, 14 de agosto de 2009

Espiñento no río Miño



O espiñento ou picón (Gasterosteus gymnurus) é un pequeno peixe moi frecuente nos ríos da provincia, incluso naqueles de escaso caudal e estacionais, nesta foto pódese apreciar a cor vermella do ventre do macho en celo nun remanso do río Miño en reza (Ourense) o día 12 de agosto de 2009.

viernes, 20 de marzo de 2009

O espiñento unha especie de peixe ourensá




O espiñento (Gasterosteus gymnurus) é unha especie frecuente nas augas dos río ourensáns, estando presente en tódalas cuncas da provincia, a especie é especialmente frecuente nas concas dos ríos Limia e Miño.

As fotografías proveñen do río Loña e foron optidas o pasado vran de 2008.