COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta larus ridibundus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta larus ridibundus. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de diciembre de 2009

Gaivotas choronas no río Miño.











Nestes días hay moitas gaivotas choronas (Larus ridibundus) no río Miño ao seu paso por Ourense, no treito comprendido entre a presa de Velle e Outariz, contáronse o pasado día 20 de decembro de 2009, 102 exemplares, todo un espectáculo que merece apena ver.

jueves, 19 de noviembre de 2009

Gaivotas choronas no río Miño.








A gaivota chorona (Larus ridibundus) é un invernante frecuente na provincia, aínda que é a segunda especie en canto a número de exemplares, por detrás da gaivota patiamarela (Larus michahellis).

O pasado 14 de novembro de 2009 foron localizados 4 exemplares desta especie no río Miño ao seu paso polo concello de Ourense, lugar onde é facil a súa observación, aínda que a estas alturas o seu número aínda é moi baixo.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Gaivota chorona en Vilar de Santos







Nestas imaxes podedes ver dous exemplares diferentes de gaivota chorona (Larus ridibundus) localizados o día 1 de novenbro de 2009 en terreos do concello limiao de Vilar de Santos.

As fotografías mostran aos exemplares en voo, con posterioridade á obtención destas fotografías os animais tomaron terra detrás dun tractor que se atopaba arando unha leira, para alimentarse dos invertebrados que quedan ao descuberto con este tipo de tarefas agrícolas.

miércoles, 19 de agosto de 2009

Gaivota chorona en Castrelo de Miño





Fotografías de gaivotas choronas (Larus ridibundus) no encoro de Castrelo de Miño o día 18 de agosto de 2009.

A gaivota chorona é a segunda especie de gaivota da provincia en número de exemplares, só por detras da gaivota clara (Larus michahellis), pero ó contrario que esta última, aínda non se puido comprovar a nidificación da gaivota chorona en Ourense.

martes, 11 de agosto de 2009

Gaivota chorona na Limia




Fotografías de gaivotas choronas (Larus ridibundus) nas areeiras da Limia en Sandiás o 9 de agosto de 2009.

lunes, 6 de abril de 2009

Gaivota chorona insectívora en Ourense






A gaivota chorona (Larus ridibundus) é unha especie frecuente, aínda que escasa, na comarca de Ourense, unha das actividades nas que é facil observala é cando á noitiña, se adica á caza da insectos nas cercanías de masas de auga, como o río miño ou o encoro de Cachamuiña, o exemplar da fotografia, un adulto en plumaxe nupcial, foi observado o 20 de xullo de 2009 no río Miño perto da Chavasqueira, o exemplar de primeiro verán foi localizado no mes de agosto no encoro de Cachamuiña (Pereiro de aguiar), ambos se atopaban á procura de insectos.