A gaivota chorona (Larus ridibundus) é unha especie frecuente, aínda que escasa, na comarca de Ourense, unha das actividades nas que é facil observala é cando á noitiña, se adica á caza da insectos nas cercanías de masas de auga, como o río miño ou o encoro de Cachamuiña, o exemplar da fotografia, un adulto en plumaxe nupcial, foi observado o 20 de xullo de 2009 no río Miño perto da Chavasqueira, o exemplar de primeiro verán foi localizado no mes de agosto no encoro de Cachamuiña (Pereiro de aguiar), ambos se atopaban á procura de insectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario