COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Pernis apivorus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pernis apivorus. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de diciembre de 2010

O mioto abelleiro no concello de Vilar de Santos.




"Cas pedras que con duro intento te lanzan os críticos, ben podes erixirte un monumento"- Kant (1724-1805)- Filósofo alemán.

Mioto é un nome vernáculo moi extendido na provincia de Ourense para denominalas especies de aves rapaces de tamaño medio (Milvus, Pernis, Buteo). Boa prova desa extensión é o gran número de topónimos que atopamos refeferido a este vernáculo como A Mioteira (San Cibrao das Viñas e Baños de Molgas), O Mioto (Lobeira) ou Os Miotos (Muiños).

O concello de Vilar de Santos é o máis pequeno dos que conforman a bisbarra da Limia, atoándose dividido en duas zonas claramente diferenciadas, a metade Sur, na que se realizou a concentración parcelaria, preséntase como unha chaira agrícola, con escasas mostras de vexetación arbórea ben conservada e rios canalizados. O Norte, onde non se realizou a concentración parcelaria aínda, amosa aínda un marco agrícola tradicional e amplas mostras de vexetación arbórea autóctona ben conservada.

A pesar da súa pequena extensión (apenas 7 km2), este recuncho limiao acolle unha poboación de 8-12 parellas de mioto abelleiro (Pernis apivorus), que conqueriron, durante as pasadas tempadas de cría, unha producción media por parella de 2.5 polos/par.

No concello a especie aparece ligada á vexetación arborea de ribeira, dos cursos de auga do mesmo, composta por amieiros (Alnus glutinosa), que a especie usa preferentemente como lugar de aniñamento, ou choupos (Populus sp), usando ocasionalmente carballos (Quercus sp) sempre que estes se atopen perto de cursos de auga.

Nas tres zonas de augas permanentes do concello, parte das areeiras da Limia, a canle de Antela e no río Limia, non se constatou a reproducción da especie.

É necesario sinalar que a concentración parcelaria do concello, e tamén do resto da bisbarra, trouxo consigo unha atroz deforestación. Do mesmo xeito a canalización dos rios e regatos temporais da zona, e posterior mantemento, destruiu gran parte das mostras de vexetación de ribeira.

Nas imaxes, un mioto abelleiro fotografado en Vilar de Santos o pasado día 22 de maio de 2010.

martes, 1 de septiembre de 2009

Máis miñatos abelleiros na Limia.








O paso desta especie está sendo intenso na comarca da Limia, como amosan estas fotos dos concellos de Vilar de Santos e Sandiás o día 29 de agosto de 2009.

Nunha delas podedes ver un exemplar de miñato abelleiro (Pernis apivorus) pousado nun niño de cegoña do concello de Sandiás, un pousadoiro curioso para esta especie.

jueves, 27 de agosto de 2009

Morfo escuro de miñato abelleiro na Boutureira.




Exemplar novo de morfo escuro de miñato abelleiro (Pernis apivorus) fotografado na Boutureira (San Cibrao das Viñas) o día 26 de agosto de 2009.

martes, 25 de agosto de 2009

Miñatos abelleiros na Limia.





Nestes días a abundancia do miñato abelleiro (Pernis apivorus) é un feito, xa que se están a unir varios factores, por un lado estan os grupos familiares cos polos do ano, e por outro o fluxo migratorio dos miñatos do resto de Europa que xa comezan a atravesa-la Península camiño do estreito de Xibraltar, para invernar na África subsahariana, nestas fotos podedes ver diferentes miñatos atopados o día 23 de agosto de 2009 nos concellos Limiaos de Rairiz de Veiga, Porqueira e Vilar de Santos.

lunes, 24 de agosto de 2009

Miñato abelleiro en Vilar de Santos.











Durante a pasada tempada de cría unha parella de miñatos abelleiros (Pernis apivorus) estivo a críar dous polos na vexetación arbórea do río Lameiras ao seu paso polas Casas da Veiga, no concello limiao de Vilar de Santos, despois da cría os adultos chaman aos pequenos dende fora do niño para incitalos a emanciparse e voar libremente, cando isto ocorre podedes incluso observar a ceba en pleno aire, todo un exercicio de acrovacias aéreas, dignas do mellor documental, como podedes ver nestas fotos do día 22 de agosto de 2009.

jueves, 13 de agosto de 2009

Miñato abelleiro en Ourense.





Fotografías dun miñato abelleiro (Pernis apivorus) localizado o día 10 de agosto de 2009 na subida a Castro de Beiro en Quintela de Canedo (concello de Ourense).

lunes, 23 de marzo de 2009

Parella de miñatos abelleiros en Ourense





Estas son as fotografías da parella de miñatos abelleiros (Pernis apivorus), que rexenta un territorio na conca do río Loña en Castadón, unha das múltiples riquezas deste descoñecido punto da comarca de Ourense, as fotos foron optidas en xullo de 2008.