COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Emberiza cia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emberiza cia. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de diciembre de 2009

Escribideira riscada en Vilar de Santos.






Nestes días de Nadal, apreciouse un considerable aumento na chaira Limiá, das diferentes especies integrantes do xénero Emberiza, coñecidas localmente co nome de escribideiras.

Nestas imaxes, obtidas no concello de Vilar de Santos o día 25 de decembro de 2009, podedes apreciar parte dos integrantes dun bando de escribideira riscada (Emberiza cia), localizado nos límites dunha carballeira, unha estrada e diversas terras de cultivo.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Escribenta riscada en Vilar de Santos.



Este exemplar macho de escribenta riscada (Emberiza cia) foi atopado á beira dun regato do pobo de O Mosqueiro, pertencente ao concello limiao de Vilar de Santos, o día 7 de decembro de 2009.

A escribenta riscada é un paseriforme frecuente na provincia de Ourense durante todo o ano, aínda que durante o outono ou o inverno poden producirse concentraións dignas de mención, feito común a outras especies do xénero Emberiza.

Comentareivos que as especies do mencionado xénero Emberiza, son coñecidas no concello de Vilar de Santos co nome de escribideiras, como moitos de vos xa sebedes estes nomes vernáculos son debidos ao deseño dos ovos destas especies, que teñen a cáscara salpicada cuns debuxos que semellan estar escritos.