COLEGAS

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Escribenta riscada en Vilar de Santos.



Este exemplar macho de escribenta riscada (Emberiza cia) foi atopado á beira dun regato do pobo de O Mosqueiro, pertencente ao concello limiao de Vilar de Santos, o día 7 de decembro de 2009.

A escribenta riscada é un paseriforme frecuente na provincia de Ourense durante todo o ano, aínda que durante o outono ou o inverno poden producirse concentraións dignas de mención, feito común a outras especies do xénero Emberiza.

Comentareivos que as especies do mencionado xénero Emberiza, son coñecidas no concello de Vilar de Santos co nome de escribideiras, como moitos de vos xa sebedes estes nomes vernáculos son debidos ao deseño dos ovos destas especies, que teñen a cáscara salpicada cuns debuxos que semellan estar escritos.

5 comentarios:

  1. Hola Alberto,muy guapo el escribano montesino,son unas aves muy chulas,me gustan mucho esos colores grises de su cabeza y el pecho con esas rayitas negras.Mucha envidia, yo por aqui,no lo he visto nunca...demomento jejejeje.Enhorabuena y un saludo desde el Delta!!

    ResponderEliminar
  2. Ola Alberto! Pilleite! hehe deuseme por ver a xente que había de ourense por estes lares e de casualidade encontrei o teu blog. Xa me falaras del... Está moi ben a verdade.
    Bicos moitos!

    ResponderEliminar
  3. Mira tí quen anda por ahí, o Gabri, non te contaba eu blogueiro! flipei cando vin o teu careto en colegas, e o mesmo tempo aledeime, xa me tes no teu blog tamén.
    Bicos pra tí tamén.

    ResponderEliminar
  4. Hola Pep, no sabía yo de la escaseza de los montesinos por el Delta, pero seguro que si ahi uno eres tu el que lo encuentra.
    Saludos.

    ResponderEliminar