COLEGAS

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Nova variedade de deforestación eléctrica en Vilar de Santos.







Xa acheguei unha entrada ao respecto a semana pasada, sen embargo esta xa é o colmo, e sigue a liña marcada pola anterior, estas imaxes reveladoras tamén foron obtidas o día 7 de decembro de 2009 en terreos do concello limiao de Vilar de Santos.

Como dixen anteriormente, parte dos cursos de auga da Limia foron transformados en cunetas, este feito xa de por sí escandaloso, paliouse en medida pola recuperación paulatina e natural da vexetación de ribeira ao longo dos últimos anos, sen embargo a alguén parece que se lle antoxou pasar unha liña eléctrica por este punto, para o cal se arrasou literalmente con toda a vexetación que quedaba, tirando os restos ao rego para máis INRI.

O feito de tirar os restos destas desbrozas aos ríos e algo habitual, aínda que o fin buscado sexa a prevención de inundacións, feito sorprendente que se me esqueceu nomear na entrada anterior.


No hay comentarios:

Publicar un comentario